Ares ofrece catro talleres para persoas maiores: Lectoescritura, Risoterapia, Memoria e uso de Smartphones

A Concellería de Igualdade e Benestar anuncia a apertura do período de inscrición para os catro talleres que se levarán a cabo a través dos Servizos Sociais de Ares. Estes talleres están deseñados especialmente para persoas maiores de 55 anos que estean empadroadas no municipio. Así, durante o período 2023-2024, a área municipal de Servizos […]
Lembra que esta semana o punto limpo móbil do municipio atopáse instalado no lugar de Cervás!

Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
Inicio das obras para a mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol “Prados Vellos”

O día de hoxe marca o inicio do proxecto de mellora dos vestiarios no Campo de Fútbol “Prados Vellos”, co obxectivo de aumentar a súa eficiencia enerxética tanto na súa estrutura como nas súas instalacións. A Concellería de Urbanismo, representada por Olimpia Marcos, en colaboración coa Concellería de Deportes, encabezada por Alma Barrón, e a […]
O Concello presenta as Escolas Municipais Deportivas e Culturais

O Concello de Ares continúa o seu compromiso de fortalecer a oferta de actividades para promover a cultura e o deporte a través das súas escolas municipais para o curso 2023-2024, que suman un total de 14 propostas, ademais das 6 actividades deportivas municipais que comezaron o 1 de setembro. ESCOLAS DEPORTIVAS: Xadrez Tenis Minibaloncesto […]
Finalizan as Obras dos Camiños Escolares Seguros en Ares

A Concellería de Urbanismo de Ares anunciou a finalización das obras dos “Camiños Escolares Seguros” no noso municipio. Estes proxectos, culminaron recentemente e agora están listos para servir como un recurso valioso para a seguridade e a mobilidade da veciñanza, especialmente para os máis novos. As obras leváronse a cabo en dous tramos clave do […]
O Concello de Ares informa da publicación das bases para o Obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil INICIA VII, que comeza a finais de setembro.

A selección do alumnado será a través do Concello de Fene e o SEPG. As persoas aspirantes deberán ter 18 anos ou máis de idade e menos de 30, así como estar desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Empleo de Galicia. Os alumnos/as recibirán o salario mínimo interprofesional e formación […]
O Obradoiro de Achegamento á Música Antiga, unha das actividades decanas na programación de Espazos Sonoros, fixo a súa esperada parada o pasado domingo no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro!

A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como […]
O Concello informa que as prazas para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) na biblioteca municipal de Ares o 28 de setembro xa están cubertas.

No caso de que non conseguises unha cita, poderás esperar para a seguinte quenda de renovacións que levará a cabo en outubro.
Bases reguladoras que rexerán a selección do Alumnado Traballador do Proxecto de Obradoiro Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” promovido polos Concellos de Fene,Ares,Cabanas e Mugardos
O Concello de Fene por Decreto da Alcaldía nº 913/2023 de data 4 de setembro de 2023 aprobou as seguintes bases: BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE FENE,ARES,CABANAS E MUGARDOS 1.- Obxecto da convocatoria e principios de actuación […]
Bases reguladoras que rexerán a selección do Persoal Directivo e Docente do proxecto de Obradoiro Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” promovido polos Concellos de Fene,Ares, Cabanas e Mugardos
O Concello de Fene por Decreto da Alcaldía nº 912/2023 de data 4 de setembro de 2023 aprobou as seguintes bases: BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE FENE,ARES,CABANAS E MUGARDOS 1.- Obxecto da convocatoria e principios […]
O Concello organiza unha excursión ao San Froilán de Lugo o vindeiro 6 de outubro

Co gallo da celebración das festas de San Froilán, o Concello de Ares, a través da área de Benestar e Igualdade, organiza unha excursión a Lugo. Os interesados en participar na iniciativa, que se desenvolverá o día 6 de outubro, xa poden formalizar a súa inscrición, para o que terán que dar os seus datos […]
Ares uniuse na loita contra o cancro!

A xornada de onte demostrou o firme compromiso da nosa localidade cunha causa solidaria de suma importancia na sociedade actual. Os residentes do noso municipio congregáronse nas rúas para apoiar o labor da Asociación Española Contra o Cancro en Ares e apoiar a loita contra esta enfermidade. A continuación, compartimos algunhas imaxes que ilustran o […]