Deixamos atrás un verán cheo de actividades e unha gran afluencia de público. E como peche desta intensa tempada, presentámoste as opcións dispoñibles no noso municipio para a fin de semana: as dúas actuacións que forman parte do Festival de monicreques “Entes Animados” e a programación preparada pola Comisión de Festas da Mercé para celebrar a festividade da Virxe da Mercé de Chanteiro!

  • 22 setembro: Festival de títeres «Entes Animados». Alianza Aresana. 19:00 h. Organiza: Festea Ártabra. Colabora: Concello de Ares.
  • 23 setembro: Festival de títeres «Entes Animados». CC Outeiro Chanteiro. 18:00 h. Organiza: Festea Ártabra. Colabora: Concello de Ares.
  • 22, 23 e 24 setembro: Festas da Mercé. Organiza: Comisión de Festas da Mercé de Chanteiro. Colabora: Concello de Ares.