Inscricións abertas para a ruta 6 do SendAres: Meirás-Praia de Ponzos

Lembra que esta mesma tarde do 24 de febreiro abriu o prazo de inscrición nesta iniciativa promovida pola área de Deportes. Podes reservar unha das 25 prazas habilitadas a través do formulario telemático que atoparás na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 15 euros e promoverase […]

Ares celebra o Día de Rosalía

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Mirandas desfrutaron esta mañá do contacontos “A miña historia”, unha revisión da vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos. Dende onte, 23 de febreiro, a casa consistorial loce a pancarta que homenaxea a unha figura central na […]

O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a sexta ruta do SendAres 2022-2023

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Meirás e a Praia de Ponzos de 19 quilómetros, incluíndo unha parada no alto do Pico da Vela, unha atalaia perfecta para contemplar a paisaxe. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, venres 24 de febreiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo […]

Vaqueiros, piratas, pikachus, personaxes de avatar, algunha princesa… o mércores de cinza pasou en Ares cos pequenos e pequenas coma protagonistas do Entroido!

Polas previsións metereolóxicas, celebrouse nunha pista cuberta do CPI As Mirandas que se encheu de persoas dispostas a desfrutar dos xogos, da música, das orellas e, en definitiva, da esencia mesma da tradicional festa galega. A boa nova: que o tempo permitiu queimar o entroido na praia urbana de Ares para despedir a xornada. Coa […]

CAMIÑA POLA IGUALDADE!

– 11 de Marzo – Saídas e chegadas dende a Praza da Constitución – Elixe o teu percorrido e inscríbete RUTA 1: Andaina / 8 kms aprox / 10:00h Cuhan dificultade media-baixa, é un itinerario que discurre pola costa de Ares e Lubre, para logo regresar á vila. Nesta ruta permitense mascotas! / Só para […]

As inscricións para sumarse a Camiña pola Igualdade xa están habilitadas!!

E participar nalgunha das dúas andainas que se promoven o sábado, 11 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller é totalmente gratuíto! Só tes que encher o formulario que atoparás na páxina web municipal, www.concellodeares.gal. Anímate e camiña para reivindicar o percorrido e o que queda por percorrer en materia de igualdade de […]

Ares celebra os éxitos dos deportistas do Club de Tenis da localidade

O próximo sábado, 25 de febreiro, ás 12:00 horas, a Alianza Aresana acollerá o acto de recoñecemento institucional aos máis de 60 deportistas do Club de Tenis de Redes que acadaron campionatos galegos durante a anualidade pasada! Polos éxitos obtidos nas súas categorías de alevín, junio/cadete ou veteráns, os e as tenistas recibirán a homenaxe […]

Ares camiñará pola igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller

O sábado, 11 de marzo, o Concello organizará 2 itinerarios en colaboración co tecido asociativo da vila coma un acto de celebración do 8M. As dúas rutas arrancarán e terminarán na Praza da Constitución, onde se lerá un manifesto que faga fincapé no longo camiño percorrido, e o que queda aínda por percorrer, en materia […]