Licitado o proxecto de rehabilitación das Escolas do Lago

A intervención reformará un edificio histórico dentro do casco urbano de Ares, inaugurado en 1955 baixo deseño do arquitecto Rodolfo Ucha e construído grazas ás achegas da Alianza Aresana de Instrucción. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 28 de novembro. O importe das obras será de 273.073,06 € con cargo ao […]

SAMAIN 2022

MÉRCORES, 02 de NOVEMBRO de 2022 Buscapistas terrorífico crianzas de 3 a 6 anos * 18:30 horas na Biblioteca municipal   XOVES, 03 de NOVEMBRO de 2022 Buscapistas terrorífico nenos de 7 a 11 anos * 19:00 horas na Biblioteca municipal VENRES, 4 de NOVEMBRO de 2022 Contacontos terrorífico * Crianzas de 3 a 6 […]

I Congreso “Paisajes fortificados de Ferrolterra-Rías Altas: Investigación y puesta en valor” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña

Durante a xornada de onte, un grupo de creadores de contidos dixitais achegouse ata as baterías de Fuenteseca, Faro, Bailadora e Salgueira coma parte da súa participación no I Congreso “Paisajes fortificados de Ferrolterra-Rías Altas: Investigación y puesta en valor” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña. […]

Hoxe conclúen as “Medias Mañás” no CPI As Mirandas!

Durante dez días, o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do centro educativo recibiu varias pezas de froita nos descansos e recreos no marco desta iniciativa que reforza as alternativas alimenticias dos menores e promove hábitos nutricionais saudables. O programa de Medias Mañás destinado ós rapaces e rapazas está impulsado pola Concellaría de Igualdade e […]

O Concello recupera o lavadoiro de Bulleiro, na contorna de Lubre

Rematanse os traballos de rehabilitación que, ademais, permiten poñer en valor un elemento cun marcado interese etnográfico. A Concellaría de Urbanismo informa da finalización das obras no lavadoiro de Bulleiro, en Lubre, que xa amosa novo aspecto tras o proceso de rehabilitación e dignificación realizado nas últimas semanas. O Concello recupera así un elemento que […]

Dende esta semana e ata o 31 de decembro, a veciñanza de Ares pode sumarse á iniciativa Bono Comercio Activa da Xunta de Galicia, onde cada cliente disporá dun bono desconto por un importe de 30 € que se aplicará nas compras realizadas nos establecementos adheridos á campaña.

De feito, se es comerciante e desexas participar nos Bono Comercio Activa, lembra que o prazo de adhesión dos locais comerciais estará aberto ata o 30 de novembro. Máis info en https://www.bonosactivacomercio.gal/?fbclid=IwAR0MdDtQzZSrpDvELY-LTjWhI8mHWXbAcugRk281f9lEXSQjlZ91ub21BFg.

“A integración da natureza co pobo de Redes é total”. Iso é o que comenta Ernesto López Naveiras, presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco, á hora de falar dun espazo que estivo, está e estará en simbiose constante co mar.

Un lugar pesqueiro pequeño (“7 rúas e 3 prazas”, di Ernesto) que podes coñecer de dúas maneiras: ben botándolle unha ollada a este vídeo, ben animándote a acudir en persoa e percorrer Redes nunha das novas rutas de sendeirismo feitas pola Concellaría de Deportes no marco do proxecto “Ares Descobre”. Case 6 quilómetros de distancia […]

Últimas prazas para a segunda ruta do SendAres

O 1 de novembro ás 15:00 horas finaliza o período de inscricións do percorrido que se realizará polos Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo, no marco do SendAres 2022-2023! Se estás buscando unha experiencia que aglutine deporte, natureza e exploración de novos espazos galegos, súmate á ruta que programa a Concellaría de Deportes o […]