A fotoprotección e os seus falsos mitos protagonizan a vindeira charla da Academia AresXSaúde

Sofía Castro, licenciada en Químicas e parte do laboratorio Avène, estará na Agrupación Instrutiva de Caamouco este sábado, 21 de marzo, debullando boas pautas á hora de coidar a nosa pel no día a día. Co incremento da exposición da veciñanza ao sol que se vivirá nos vindeiros meses, o Concello aresán propón unha […]
Puntos limpos móbiles instalados en Cervás e Barracido (16.03.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Cervás e Barracido para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE BARRACIDO Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]
Unha concentración cidadá coa mirada posta no conflito en Oriente Medio e Palestina

Este sábado pasado, 14 de marzo, veciños e veciñas concentráronse diante do Concello para sumarse ós actos que se estaban a celebrar noutros 190 municipios pola plataforma Parar a Guerra, todos eles reclamando o fin da escalada bélica en Oriente Medio. A concentración formou parte dunha xornada estatal para reivindicar o respecto ao dereito e […]
O Concello prepara o DegustAres 2026 e convida a sumarse á hostalería da vila

A Concellaría de Comercio de Ares traballa xa na posta en marcha da que será a quinta edición da ruta do pincho, o DegustAres, co foco posto en dinamizar o tecido hostaleiro da vila e animar á veciñanza a saír á rúa. Así, a edila da área, Lucía Blanco, estende o convite a participar na […]
O Concello conmemora o 122º aniversario da Alianza Aresana con música e unha ofrenda floral

O vindeiro 20 de marzo lembrarase o legado desta emblemática institución que tanto contribuiu a prol do progreso educativo, social e cultural de Ares, fundamental para entender como é o municipio no presente. A ofrenda floral será ás 12:00 h. na Praza de Domingo Troche, namentres que o concerto realizarase ás 20:30 h. a cargo […]
O Concello impulsará a rehabilitación do Mercado de Abastos Municipal de Ares mobilizando un investimento de case 200.000 euros

A edificación encara os seus 100 anos de historia cunha obra que intervirá na cuberta, substituíndoa por unha nova con acabado de zinc; a zona dos aseos ou as instalacións de electricicidade, fontanería e telecomunicacións. Igualmente, modernizaranse os acabados do interior con revestimentos nobles e incorporaranse máis equipamentos. O investimento será asumido entre os fondos […]
Obradoiros creativos na biblioteca polo Día do Cómic e o Día do Teatro

A partir deste venres, 13 de marzo, ás 16:00 h., ábrense as inscricións para reservar praza nos obradoiros creativos que propoñen dende a Biblioteca Municipal de Ares, onde se realizarán todas as actividades. Bota unha ollada á información e reserva a túa praza na seguinte ligazón: https://forms.gle/WiMRwoLzsXqUjQCN6 DÍA DO CÓMIC GRUPO 1: Martes, 17 de […]
Xa dispoñible a exposición de Galicia en Foco!

Até o vindeiro día 20 de marzo, podes achegarte ao andar superior da Casa da Xuventude para botar unha ollada ás mellores instantáneas do fotoxornalismo galego durante o ano 2024 dentro da mostra de Galicia en Foco, impulsada polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración, no caso de Ares, da Concellaría de Cultura. Grandes […]
Ares concéntrase baixo o lema #NonEsquezadesGaza

O Concello de Ares súmase á convocatoria lanzada pola plataforma Parar la Guerra en todo o Estado español para saír á rúa e esixir o fin da escalada bélica que se está a vivir en Oriente Medio, violando o dereito e a legalidade internacionais, amais de reclamar unha paz xusta e duradeira en Palestina, que […]
Puntos limpos móbiles instalados en Lubre e Pedrós (10.03.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE LUBRE Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]
Ares celebra o novo éxito deportivo de Alba Filgueira Rascado no atletismo

A nosa veciña Alba vén de proclamarse subcampioa galega de sub-16 en 600 metros no campionato de atletismo disputado en Ourense o mes pasado, sumando así máis quilómetros e éxitos nesta disciplina deportiva! Con todo, tamén participou esta mesma fin de semana no Campionato de España de short-track sub-16 celebrado en Salamanca, competindo así co […]
O club de lectura municipal adéntrase na obra de Carla Guelfenbein

Ao peche da semana pasada reuníronse as integrantes do club de lectura do Concello na Biblioteca Municipal de Ares para compartir con calma as súas impresións arredor de ‘Contigo en la distancia’ (Alfaguara, 2015), da autora chilena Carla Guelfenbein. Na sesión, afondaron nesta historia que se articula baixo o xénero do suspense, entrelazando amores e […]