O Concello comeza co pintado exterior da Reitoral de Ares

O goberno local dá un paso máis na mellora e dignificacion da antiga Reitoral da vila, catalogada como inmoble protexido polo seu valor patrimonial e histórico, desta volta actuando nas fachadas cunha renovación integral da pintura. A actuación contempla intervir sobre aproximadamente 425 metros cadrados, baixo un investmento próximo aos 20.000 euros, impostos incluídos.   […]

Apertura das inscricións do ConciliAres 2026

Lembra que hoxe, luns, 11 de maio, comezan as inscricións para o servizo municipal de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres 2026. Previa entrega da documentación no Departamento de Servizos Sociais ou vía rexistro electrónico na web institucional, www.concellodeares.gal, é preciso formalizar un prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do […]

O Concello conclúe coas actuacións destinadas a minimizar perdas de auga potable e reducir infiltracións na rede de saneamento

As obras incluíron novos sistemas de lectura telemétrica, fundamentais para garantir unha xestión municipal da auga máis eficiente ao incorporar datos de medición que incrementan a precisión e a calidade de seguimento dos consumos. Supuxeron un investimento total de 117.733, 45 euros, IVE incluido, asumido entre Augas de Galicia e a institución aresá.   A […]

O ConciliAres abrirá as súas inscricións o próximo 11 de maio

O servizo de conciliación laboral e familiar do Concello habilitará o proceso de reserva de prazas até o venres, 29, inclusive, coa opción de achegar toda a documentación no Departamento de Servizos Sociais de Ares ou por rexistro electrónico na web municipal, concellodeares.gal.   A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de informar do comezo das inscricións para […]

O Concello organiza unha nova saída cara Portugal para a veciñanza

O sábado, 13 de xuño, poderanse visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza. O prezo: 35 euros, con xantar e desprazamentos incluídos. A reserva de prazas dividirase en dúas quendas: empadroados en Ares dende o 11 até o 22 de maio e non empadroados a partir do 25 deste mes.   A […]

Puntos limpos móbiles instalados en Cervás e Barracido (05.05.2026)

Os operarios do Concello instalaron a comezos da semana os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Cervás e Barracido para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos.   Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente!   ♻️ PUNTO LIMPO DE CERVÁS Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. […]

Peche provisional do pavillón polideportivo do 11 ao 16 de maio

Entre os días 11 e 16 de maio, ambos incluídos, o pavillón polideportivo municipal permanecerá pechado por obras incompatibles co seu uso habitual.  En consecuencia, suspéndense todas as actividades e servizos que se desenvolven nesta instalación deportiva municipal nas citadas datas, segundo informa a Concellaría de Deportes. En canto ás Actividades e Escolas deportivas municipais, trasladaranse […]