Convócase un curso de socorrismo acuático aberto á veciñanza de Ares e o resto da comarca de Ferrolterra

A formación, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña, contará con 120 horas lectivas e desenvolverase entre setembro e decembro de 2026. O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto até o luns 13 de xullo, a última xornada para formalizar a inscrición. As persoas maiores de […]
A segunda edición da Mostra Pop-up de marcas emerxentes recalará de novo en Ares

O Parque Rosalía de Castro será o escenario natural que acollerá esta representación do talento que hai en Ferrolterra nos accesorios feitos a man, a xoiería ou a moda, repetindo a colaboración entre a marca Martobags e o Concello. Haberá música en directo, comida e os stands con produtos locais á venda. Volve ó […]
Declárase deserto o IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2026

O xurado, integrado por Laura Rodríguez Herrera, Blanca-Ana Roig Rechou e Marta Neira, vén de desvelar o fallo do IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares, declarándoo por unanimidade como deserto. O xurado, tras analizar o conxunto de propostas presentadas, determinou que non se acadaron os requisitos de calidade literaria e lingüística e […]
Mañá, 7 de xullo, principia o ciclo de ‘Ao son do mercado’ a partir das 20:30 h.

Tres cantautores estarán no Mercado Municipal de Ares para ofrecer concertos en acústico durante os vindeiros martes deste mes: Luis Mera, ‘Lucky‘, que será o encargado de iniciar a programación musical este día 7 de xullo; Txetxu Altube ( 📅 14 de xullo) e ‘Oso‘ (📅 21 de xullo). A proposta busca reivindicar a música […]
O Concello comeza o vindeiro xoves, 9 de xullo, co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

A primeira proxección estará protagonizada polo filme familiar “¿Quién es quién?” e celebrarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 horas. A programación, integrada no VeraneAres 2026, continuará o 23 de xullo con “Kung Fu Panda 4” e o 13 de agosto con “Rondallas”, contando coa colaboración da Rede Cultural da Deputación […]
Ares saíu á rúa para mercar, intercambiar e curiosear no seu XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man

O paseo marítimo encheuse onte de trasfega coa celebración do XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man do Concello de Ares, unha cita xa consolidada no verán da vila e que volveu reunir arredor de 120 postos entre particulares, asociacións e profesionais. Ao longo da xornada, veciñanza e visitantes achegáronse para mercar, vender, intercambiar e botar […]
Cambio de horario no pavillón polideportivo de Ares dende o 6 de xullo

A área de Deportes municipal vén de notificar un cambio de horario no pavillón polideportivo, de cara a facilitar o acceso ao ximnasio e o emprego das propias instalacións deportivas, tendo en conta os picos de actividade e demanda. Así, a partir do vindeiro 6 de xullo, o pavillón abrirá en horario de mañá de […]
Alerta vermella (nivel máximo) por episodio de vaga de calor durante a xornada do 3 de xullo

Ao longo da xornada de hoxe, 3 de xullo, actívase a alerta VERMELLA (nivel máximo) na nosa contorna por un episodio de vaga de calor, segundo informa a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Prégase precaución e seguir as recomendacións estipuladas: 💧 Hidrátate con frecuencia, aínda que non teñas sede. Bebe auga ao longo do […]
Principian as actividades do VeraneAres Deportivo 2026

Coa chegada dos primeiros compases de xullo, tamén arranca a programación lúdico deportiva do Concello: unha oferta de actividades que permiten desfrutar, practicar deporte e tamén fomentar a conciliación laboral e familiar 🤝. 🚣♀️ Kaiak, xogos nas parroquias, actividades no pavillón polideportivo, pádel, tenis de mesa, padelsurf… son algunhas das propostas para gozar destes próximos […]
Últimos días para inscribirse no Campus RC Celta de Ares!

Se tes entre 5 e 16 anos e queres vivir unha semana de fútbol aprendendo coa metodoloxía do RC Celta, aínda estás a tempo de reservar a túa praza. 📅 O campus celebrarase do 13 ao 17 de xullo no campo de Prados Vellos, cun programa que combina adestramentos, mais tamén dinámicas lúdicas para desfrutar […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas do Porto e Seselle (30.06.2026)

Lembra que esta semana os puntos limpos móbiles se ubican nas contornas do Porto e Seselle para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE SESELLE Podes depositar: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites […]
O Campus Chiquibásquet de Ares celebrará a súa XVIII edición este verán

O pavillón polideportivo municipal acollerá esta proposta deportiva do 3 ao 7 de agosto, en horario de 17:00 a 20:00 horas, destinada a participantes de entre 5 e 22 anos. As inscricións permanecen abertas ata completar as 40 prazas dispoñibles, cun prezo de 65 euros para o público xeral e de 55 euros para persoas […]