Puntos limpos móbiles instalados en Cervás e Barracido (16.03.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Cervás e Barracido para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE BARRACIDO Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]

Unha concentración cidadá coa mirada posta no conflito en Oriente Medio e Palestina

Este sábado pasado, 14 de marzo, veciños e veciñas concentráronse diante do Concello para sumarse ós actos que se estaban a celebrar noutros 190 municipios pola plataforma Parar a Guerra, todos eles reclamando o fin da escalada bélica en Oriente Medio. A concentración formou parte dunha xornada estatal para reivindicar o respecto ao dereito e […]

O Concello impulsará a rehabilitación do Mercado de Abastos Municipal de Ares mobilizando un investimento de case 200.000 euros

A edificación encara os seus 100 anos de historia cunha obra que intervirá na cuberta, substituíndoa por unha nova con acabado de zinc; a zona dos aseos ou as instalacións de electricicidade, fontanería e telecomunicacións. Igualmente, modernizaranse os acabados do interior con revestimentos nobles e incorporaranse máis equipamentos. O investimento será asumido entre os fondos […]

Obradoiros creativos na biblioteca polo Día do Cómic e o Día do Teatro

A partir deste venres, 13 de marzo, ás 16:00 h., ábrense as inscricións para reservar praza nos obradoiros creativos que propoñen dende a Biblioteca Municipal de Ares, onde se realizarán todas as actividades. Bota unha ollada á información e reserva a túa praza na seguinte ligazón: https://forms.gle/WiMRwoLzsXqUjQCN6 DÍA DO CÓMIC GRUPO 1: Martes, 17 de […]

Xa dispoñible a exposición de Galicia en Foco!

Até o vindeiro día 20 de marzo, podes achegarte ao andar superior da Casa da Xuventude para botar unha ollada ás mellores instantáneas do fotoxornalismo galego durante o ano 2024 dentro da mostra de Galicia en Foco, impulsada polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración, no caso de Ares, da Concellaría de Cultura. Grandes […]

Ares concéntrase baixo o lema #NonEsquezadesGaza

O Concello de Ares súmase á convocatoria lanzada pola plataforma Parar la Guerra en todo o Estado español para saír á rúa e esixir o fin da escalada bélica que se está a vivir en Oriente Medio, violando o dereito e a legalidade internacionais, amais de reclamar unha paz xusta e duradeira en Palestina, que […]

Puntos limpos móbiles instalados en Lubre e Pedrós (10.03.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE LUBRE Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]

Ares celebra o novo éxito deportivo de Alba Filgueira Rascado no atletismo

A nosa veciña Alba vén de proclamarse subcampioa galega de sub-16 en 600 metros no campionato de atletismo disputado en Ourense o mes pasado, sumando así máis quilómetros e éxitos nesta disciplina deportiva! Con todo, tamén participou esta mesma fin de semana no Campionato de España de short-track sub-16 celebrado en Salamanca, competindo así co […]