A música e os contos déronse a man en Ares con ‘Os rizos de Lía’

Comparte esta nota de prensa

A rapazada gozou o pasado venres dunha tarde chea de aventuras coa actuación de Os rizos de Lía, un contacontos que combinou narración oral e música nunha proposta pensada para o público infantil.

Da man de Tulis, a contadora aventureira, os nenos e nenas acompañaron a Lía nunha viaxe chea de descubrimentos, conectando con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade e a confianza nun mesmo.

Houbo tempo para escoitar, imaxinar, reflexionar… e tamén para bailar ao ritmo da historia!

A actividade foi promovida pola Concellaría de Cultura no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Pódeche interesar