A XXIX Travesía a Nado xa ten data: o 18 de xullo regresa a Ares

Comparte esta nota de prensa

  • O evento deportivo vén de ser presentado hoxe desvelando os detalles relativos á inscrición e organización da proba.
  • As persoas interesadas poderán reservar a praza dende hoxe, 22 de xuño, até o 15 de xullo vía telemática na web institucional. O prezo é de 3 euros, agás a categoría popular, que é de balde.

 

A concelleira de Deportes, Alma Barrón, e o técnico municipal da mesma área, Javier Sánchez, presentaron esta mañá na casa consistorial a próxima edición da Travesía a Nado Ría de Ares, un dos eventos con maior tradición e raigame no verán aresán.

No acto de presentaron oficial, debullaron o funcionamento desta proba que se celebrará o 18 de xullo a partir das 17:30 h. A rampla grande de Ares centralizará a actividade, onde nadadores e nadadoras de todas as idades, dende os máis pequenos aos veteráns, botaranse á auga para cumprir coas distancias, variables en función da categoría, que propón a Travesía a Nado: dende os 100 m. da categoría popular aos 1.000 m. do percorrido máis longo.

Aos gañadores absolutos tanto en categoría masculina como feminina, mais tamén ao nadador/a máis mozo e ao máis veterán, entregaranse trofeos conmemorativos. E no que atinxe á categoría popular, para todas as idades, todos os participantes nela terán a súa medalla da Travesía a Nado ao non haber pódium como tal.

PRAZAS E INSCRICIÓNS

Segundo recolle o regulamento da proba, tamén publicado hoxe ao fío da presentación institucional, habilitaranse 150 prazas que se reservarán vía telemática na web do Concello, www.concellodeares.gal.

O período de inscricións estará aberto dende hoxe, 22 de xuño, a partir das 16:00 h. ata as 14:00 h. do 15 de xullo, cun prezo de 3 euros de participación agás a categoría popular (100 m.), que é de balde.

Na información organizativa tamén se especifica que estará permitido o emprego de traxe de neopreno e que haberá unha zona de recuperación e avituallamento tras cruzar a liña de meta con bebidas quentes, frías e froita.

A Concellaría de Deportes estendeu o seu agradecemento ás entidades involucradas na XXIX Travesía a Nado, fundamentais na materialización do evento un ano máis: dende o Club Náutico Ría de Ares a Serviocio BE ONE, o Club Natación Ferrol, o Club Marítimo de Redes e Protección Civil.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Tres motivos de orgullo para Ares

Até a vila chegaron nestes últimos días moi boas novas relacionadas co esforzo e talento da súa veciñanza en disciplinas tanto académicas coma deportivas. O