Ares saíu á rúa para mercar, intercambiar e curiosear no seu XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man

Comparte esta nota de prensa

O paseo marítimo encheuse onte de trasfega coa celebración do XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man do Concello de Ares, unha cita xa consolidada no verán da vila e que volveu reunir arredor de 120 postos entre particulares, asociacións e profesionais.

Ao longo da xornada, veciñanza e visitantes achegáronse para mercar, vender, intercambiar e botar unha ollada con calma entre todo tipo de artigos: libros, roupa, xoguetes, complementos, pezas de decoración, discos, obxectos de coleccionismo, artesanía e algunha que outra xoia inesperada a prezos populares

A proposta volveu dinamizar o paseo marítimo, fomentando darlle unha nova vida aos artigos á venda cun consumo máis circular e responsable.

 

Pódeche interesar