Declárase deserto o IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2026

O xurado, integrado por Laura Rodríguez Herrera, Blanca-Ana Roig Rechou e Marta Neira, vén de desvelar o fallo do IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares, declarándoo por unanimidade como deserto. O xurado, tras analizar o conxunto de propostas presentadas, determinou que non se acadaron os requisitos de calidade literaria e lingüística e […]
Mañá, 7 de xullo, principia o ciclo de ‘Ao son do mercado’ a partir das 20:30 h.

Tres cantautores estarán no Mercado Municipal de Ares para ofrecer concertos en acústico durante os vindeiros martes deste mes: Luis Mera, ‘Lucky‘, que será o encargado de iniciar a programación musical este día 7 de xullo; Txetxu Altube ( 📅 14 de xullo) e ‘Oso‘ (📅 21 de xullo). A proposta busca reivindicar a música […]
O Concello comeza o vindeiro xoves, 9 de xullo, co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

A primeira proxección estará protagonizada polo filme familiar “¿Quién es quién?” e celebrarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 horas. A programación, integrada no VeraneAres 2026, continuará o 23 de xullo con “Kung Fu Panda 4” e o 13 de agosto con “Rondallas”, contando coa colaboración da Rede Cultural da Deputación […]
Ares saíu á rúa para mercar, intercambiar e curiosear no seu XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man

O paseo marítimo encheuse onte de trasfega coa celebración do XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man do Concello de Ares, unha cita xa consolidada no verán da vila e que volveu reunir arredor de 120 postos entre particulares, asociacións e profesionais. Ao longo da xornada, veciñanza e visitantes achegáronse para mercar, vender, intercambiar e botar […]