Ares afonda na figura de Alejandro Viana co escritor Roberto Mera

A Alianza Aresana acolleu o pasado venres, 4 de abril, unha cita marcada pola recuperación da memoria histórica. O escritor Roberto Mera presentou “Alejandro Viana: un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” (Belagua Ediciones, 2021), unha obra que rescata a gran labor deste home que tanto contribuíu á evacuación de refuxiados nunha Europa […]

Ares precisa voluntarios/as para a súa Semana Santa

A Cofradía de Xesús Nazareno e Soidade da Nosa Señora vén de comunicar unha necesidade para as vindeiras datas da Semana Santa en Ares: precisan de máis voluntarios que colaboren na organización e posta en marcha da celebración relixiosa na vila. “Sobre todo, necesitamos máis portadores dos tronos, porque agora mesmo non contamos con suficientes […]

Punto limpo móbil instalado na contorna do Porto

♻️ O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna do Porto durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial. 🚮 Lembra que alí podes deixar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa […]

O Concello anuncia a apertura das inscricións para a sétima ruta do SendAres 2024-2025

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/pXzpi4tsmm3EB4PP7  Os cantís de Loiba despregaranse ante os participantes que se sumen a este itinerario que principiará preto da vila do Barqueiro. Organizarase o 27 de abril, constará de 12 quilómetros e parte dun prezo de 20 euros por persoa. As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse a partir das 14:00 horas […]

A Alianza Aresana, espazo de memoria histórica coa presentación do libro ‘Alejandro Viana: un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos’

O próximo acto literario organizarase este venres, 4 de abril, a partir das 19:30 horas, onde Roberto Mera recuperará a extraordinaria odisea de Viana, o seu tío bisavó, nunha Europa ocupada polos nazis e atravesada polos totalitarismos. Alejandro Viana Esperón, deputado republicano, foi unha figura fundamental na evacuación de miles de refuxiados que desexaban chegar […]

50 participantes sumáronse ao XVII Open Dominó Concello de Ares

Como xa é tradición na vila, o Casino Aresano acolleu unha nova edición do Open Dominó Concello de Ares con xogadores de toda Galicia animándose a participar neste campionato organizado pola Asociación Recreativa e Deportiva Xabre e a Federación Galega de Dominó, incluíndo a estreita colaboración do Concello. 50 xogadores achegáronse até as instalacións do […]

Que sabemos de drogas?, un diálogo aberto na Academia AresXSalud con Rebeca Graña

A Alianza Aresana converteuse este pasado venres, 28 de marzo, en centro de aprendizaxe coa charla “Que sabemos de drogas?“, a última proposta da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello destinada a promover un aumento do coñecemento da veciñanza en materias vencelladas coa promoción da saúde. A sesión estivo conducida por Rebeca Graña Torralba, educadora […]