O XIV Festival de Panxoliñas celebrarase o vindeiro 21 de decembro

A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá o vindeiro domingo, 21 de decembro, a partir das 18:00 h., o Festival de Panxoliñas organizado pola Concellaría de Cultura, un certame no que se achega unha boa mostra da música coral da localidade. Acadando a súa décimo cuarta edición, a veciñanza poderá desfrutar das obras corais […]
O concurso de deseño do logotipo da Mesa de Saúde Local de Ares amplía o seu prazo de presentación

As persoas interesadas en participar neste certame poderán achegar as súas propostas ata o vindeiro 5 de febreiro de 2026, inclusive, remitíndoas por correo electrónico a aressaudable@gmail.com indicando no asunto: “Concurso Logotipo Mesa de Saúde Local de Ares”. Non se contemplan restriccións de participación, dando a opción de facelo de xeito individual ou colectivo (asociacións, […]
Puntos limpos móbiles instalados en Barracido e Cervás (15.12.2025)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Barracido e Cervás para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE BARRACIDO Podes depositar: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. […]
O club de lectura municipal reúnese antes do seu parón de Nadal

‘Castillos de fuego’ (Seix Barral, 2023), de Ignacio Martínez de Pisón, protagonizou a última sesión do club de lectura municipal celebrada o venres nas instalacións da Alianza Aresana, previo parón polas datas de Nadal e o período festivo. Alí, entre cafés e doces, comentaron esta novela coral ambientada na Madrid da posguerra española, durante o […]
Danza, música e poesía para honrar a memoria migrante

O equipo actoral de Gallaecia Eventos achegouse este sábado pasado até Ares para contar, fusionando danza, música e poesía, un relato que resoa na memoria colectiva da vila: aquela que fala de tantas persoas que emigraron na procura dun futuro mellor. O espectáculo ‘Na Cerna do Son’ debullou unha travesía que uniu Galicia e Latinoamérica […]
O Nadal chegou á biblioteca!

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron a súa creatividade no obradoiro de postais de Nadal, onde puideron colorear, debuxar e encher de brillos as súas tarxetas. Mais tamén hai xa dispoñible para todo lector unha mesa […]
A Mesa de Saúde Local de Ares analiza cuestións vencelladas coa xestión emocional

A entidade que agrupa aos principais axentes relacionados coa promoción de hábitos saudables en Ares, a Mesa de Saúde Local, reuniuse de novo na tarde de onte para abordar novas análises e propostas neste eido que é chave no día a día da veciñanza. Nas instalacións da Alianza Aresana, a sesión actuou coma un punto […]
Ares acolle o talk-show de ‘Cruza sen Mirar’

O equipo de Tarabela Creativa, co apoio económico do Concello de Ares, continúa a desenvolver o seu proxecto ‘Cruza sen mirar’, un diálogo entre a emigración da vila no pasado e a súa inmigración no presente. Este vindeiro 15 de decembro, ás 19:00 h., a Alianza Aresaná contará cun talk-show que proseguerá na procura de […]
Ares estrea o servizo de DNI Rural, con entrega ao momento de DNI e pasaporte

Dende este mes de decembro en adiante, o municipio aresá impulsará o DNI Rural, o servizo da Policía Nacional que reduce significativamente os tempos de espera no proceso de expedición e renovación tanto do Documento Nacional de Identidade como dos pasaportes, que se poden entregar no mesmo día tras un único trámite. Ademais, o servizo […]
O CPI As Mirandas estrea novo mobiliario de material reciclado

Grazas ao esforzo na reciclaxe de botellas de plástico que vén de desenvolver neste 2025 o alumnado do centro educativo, a Concellaría de Medioambiente instalou alí un banco e papeleiras feitos cos residuos recollidos. A acción inscríbese dentro da campaña de sensibilización medioambiental ‘Senta con nós’ que impulsou o Concello e o CPI, facendo que […]
Puntos limpos móbiles instalados en Lubre e Pedrós (09.12.2025)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE LUBRE Podes depositar: Pilas e baterías. Lámpadas e […]
Na Cerna do Son, unha fusión de danza, música e poesía para render homenaxe ás persoas migrantes

O vindeiro 13 de decembro ás 19:30 horas no Casino Aresano, o grupo actoral de Gallaecia Eventos representará esta obra que narra unha viaxe que comeza no territorio galego, traspasa o Océano Atlántico e regresa a Galicia. O acto terá entrada libre e está promovido pola Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña […]