A Alianza Aresana acollerá a presentación literaria de ‘Los crímenes de las termas’, de Elizabeth Norlam

A Concellaría de Cultura propón nestes primeiros compases de abril unha nova presentación no salón de actos da Alianza Aresana, desta volta protagonizada pola última novela da escritora Elizabeth Norlam, ‘Los crímenes de las termas’ (2025). A autora conversará coa edila de Cultura, Alma Barrón, o vindeiro venres, 10 de abril, a partir das 19:30 […]
Ares, escenario de deporte e convivencia

O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar a convivencia e o encontro arredor da práctica deportiva. Por unha banda, Ares foi escenario dos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa de Veteranos e Adaptado, unha cita que salientou […]
O Concello e o CPI As Mirandas impulsan a sexta edición do Concurso de Microrrelatos Escolares

A Concellaría de Cultura e o colexio municipal de Ares convocan un ano máis o VI Concurso de Microrrelatos Escolares, un certame que ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria e a escritura entre a mocidade da vila, e conmemorar tamén o Día do Libro 2026. Haberá dúas categorías, a primeira para estudantes de primaria […]
O Concello solicita novas liñas de subvencións para a rexeneración da Xunqueira e a reforma medioambiental da Praza da Igrexa coma refuxio climático

A área de Urbanismo vén de dar conta da presentación de tres proxectos á última convocatoria lanzada pola Consellería de Medioambiente para impulsar solucións naturais en chave local, previndo os riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos. Así, a institución aresá prevé culminar a renovación da pasarela de madeira do paseo fluvial da Xunqueira, […]
O Servizo Municipal de Augas informa de incidencias na distribución postal das facturas

Desde o Servizo Municipal de Augas de Ares veñen de informar á veciñanza dunha incidencia técnica producida durante o proceso de impresión e envío de facturas correspondentes ao último período de lectura. Así, debido a un erro na cadea de produción e distribución postal, é posible que algúns domicilios reciban dúas copias idénticas da mesma […]
O Open Dominó Concello de Ares celebra a súa XIX edición no Casino Aresano

Este sábado, 28 de marzo, o Casino Aresano acolleu o XIX Open de Dominó Concello de Ares, organizado polo Club Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello, reunindo a xogadores e xogadoras de distintos puntos de Galicia nunha intensa xornada de competición. O evento pechouse coa seguinte clasificación por parellas: 🔹 […]
Do bus ao escenario: Ares mergúllase en Hamlet

A veciñanza aresá participou este pasado venres nunha nova saída cultural a Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de Hamlet, unha das obras máis emblemáticas de William Shakespeare. A proposta, impulsada pola Concellaría de Cultura dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG), permitiu achegarse á traxedia do príncipe de Dinamarca, […]
Unidade móbil para doar sangue en Ares este 1 de abril

ℹ️ DOA SANGUE Non perdas este bus! 📆 En ARES mañá, mércores, 1 de abril 🌍 UNIDADE MÓBIL AO CARÓN DE “EL PEZ ROJO” (Avda. Saavedra Meneses) 🕓 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 21:00 horas ✅ Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. ✅ Non […]
Obradoiros de procura de ovos de Pascua na Biblioteca Municipal de Ares

A Concellaría de Cultura programa na Biblioteca Municipal de Ares novos obradoiros tematizados destinados aos máis pequenos e pequenas! Mais ollo, que precisarán de reserva previa cun prezo de 4 euros: 📅 Martes 31 de marzo 👧🧒 Dirixido a nenos e nenas de 3 a 6 anos 📅 Mércores 1 de abril 👧🧒 Dirixido a […]
Continúa aberto o II Concurso de deseño do cartel do Ares Indiano 2026

A Concellaría de Cultura anima a artistas, deseñadores e creadores residentes en Galicia a participar neste certame, que escollerá a imaxe oficial da próxima edición do Ares Indiano, a celebrar os días 📅 21, 22 e 23 de agosto. A proposta debe reflectir o espírito do evento, como homenaxe á cultura e á instrución indianas, […]
O Concello recibe en Madrid o premio extraordinario da XXV Campaña de Animación á Lectura María Moliner

Ata a capital española desprazáronse a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e Caridad Nieto e Beatriz Martínez, do equipo bibliotecario aresán, para recoller o galardón, sendo Ares unha das dez localidades premiadas en todo o Estado con 10.000 euros. Recoñécese así o bo facer desenvolto na Biblioteca Municipal no eido da dinamización cultural e a […]
Puntos limpos móbiles instalados en Mariña do Pombal e Avenida Federico García Expósito (24.03.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Federico García Expósito (Avda.) e Mariña do Pombal para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE AVDA. FEDERICO GARCÍA EXPÓSITO Podes depositar: Pilas […]