O pavillón polideportivo de Ares acollerá dúas competicións de baile

A primeira edición do Trofeo de Baile Deportivo e o Campionato Galego de Danza Coreográfica organizaranse este vindeiro fin de semana no pavillón deportivo municipal aresán. Será o domingo, 16 de novembro, a partir das 10:00 h. cando comezará a actividade destes dous certames, que están organizados polo Club de Baile Deportivo de Narón, coa […]
O Concello impulsará unha xornada divulgativa para analizar o impacto da violencia de xénero o 25N

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Alianza Aresana será epicentro dun conxunto de conferencias e mesas redondas con expertas de diferentes eidos, dende o traballo social até o enfoque máis xurídico. 4 conferencias e 1 mesa redonda compoñen o programa desta iniciativa, que recibe o nome de […]
Ares vive un Samaín e Magosto entre castañas, ánimas e cabazas!

Este domingo tivemos disfraces, música e unhas cantas gargalladas na pista cuberta do CPI As Mirandas coa celebración do Samaín e Magosto municipais. As familias gozaron das actividades que se propuxeron dende a Concellaría de Cultura, con obradoiros –un de feridas e maquillaxe e outro de chupa chups vampíricos–, inchables, o cantabaila, animación musical e, […]
Nova presentación na Alianza Aresana co libro ‘Memorial e monumento ás vitimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’

Antonio Blanco Carballo, autor do volumen, e Julio Ignacio Iglesias, alcalde de Ares, conversarán sobre esta publicación que aborda unha temática fundamental na memoria da comarca. Será o vindeiro venres, 14 de novembro, a partir das 19:30 horas. A Concellaría de Cultura vén de desvelar o próximo acto que se promoverá nas instalacións da […]
Buscapistas nunha biblioteca de medo

Os rapaces e rapazas dende os 3 aos 12 anos pasáronno en grande esta semana nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares na procura das pistas que lles deixou o seu equipo dinamizador. Dentro da iniciativa ‘Unha biblioteca de medo’, a mocidade aventurouse entre a escuridade e as pantasmas para resolver o xogo . Lanternas, […]
Juan Sanjurjo reflexiona sobre a situación do ecosistema político actual

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o relatorio “Irracionalidade política na sociedade contemporánea”, unha cita promovida pola Concellaría de Cultura coa participación de Juan Sanjurjo, licenciado en Filosofía e mestre de escola. Ao longo da sesión e en conversa coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, Sanjurjo convidou ao público a pensar con […]
O Concello presenta a última edición da Academia AresXSaúde: 7 sesións para fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza

A iniciativa manterá o seu carácter divulgativo traendo á vila a profesionais do eido da saúde, dende psicólogos a especialistas en actividade física ou na nutrición, para que poidan interactuar cos veciños e veciñas. A primeira das sesións será o vindeiro 21 de novembro, co foco posto na xestión emocional. A Concellaría de Benestar […]
Obradoiros para aprender a reciclar dende a infancia

O CPI As Mirandas acolleu hoxe tres sesións orientadas a establecer bos hábitos de reciclaxe nos máis pequenos e pequenas do colexio, impulsado a través da Concellaría de Medioambiente de Ares. O alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria do CPI As Mirandas aprendeu esta mañá a relevancia da regra das tres ‘R’ […]
Peche provisional do aparcadoiro de residentes de Redes por obras de mantemento e xardinaría

O Concello vén de informar do peche provisional do aparcadoiro de residentes de Redes para executar varias intervencións de mantemento e xardinaría nesta infraestrutura. Así, dende esta mesma noite do xoves, 6 de novembro, a partir das 22:00 h. e até a finalización dos traballos que se realizarán ao longo da xornada do venres, 7 […]
‘A hora sinalada’: un libro para narrar o desarraigo e as transformacións identitarias da migración

O Espazo Lector Nobel da Coruña acolleu onte a presentación da novela A hora sinalada, obra coa que Rafael Catoira acadou o Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025, publicada recentemente no catálogo de Hércules de Ediciones. No acto, o autor conversou coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, e coa editora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez, arredor desta historia narrada […]
O Banco de Alimentos Rías Altas precisa de voluntarios/as en Ares para a súa recollida solidaria

Durante as xornadas do 7 e 8 de novembro, o Banco de Alimentos Rías Altas organizará unha recollida solidaria en Autoservicios Familia e Supermercados Froiz da nosa vila. Con todo, dende o Banco de Alimentos veñen de solicitar axuda: necesitan voluntarios e voluntarias que axuden a coordinar a recollida nos dous supermercados. Os interesados poden […]
Ares énchese de cultura e deporte neste último trimestre do ano

Os meses que restan deste 2025 chegarán á vila cunha axenda chea de actividades para todos os públicos: espectáculos musicais, actividades deportivas, eventos polo Nadal, obradoiros na Biblioteca Municipal de Ares… e moito máis! Se queres saber máis do programa municipal, consulta o calendario que deixamos aquí embaixo e vai marcando as propostas que máis […]