Folga no transporte interurbano e escolar da provincia da Coruña

O comité de folga do transporte público de viaxeiros por estrada vén de emitir un comunicado para informar a todos os usuarios que o vindeiro venres, 5 de decembro, non haberá servizo de autobús interurbano nos municipios de toda a provincia de A Coruña. A convocatoria tamén afectará de maneira directa ao transporte escolar, e […]
Continuación do nivel de alerta LARANXA (risco importante) por costeiros no Noroeste de A Coruña

A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) vén de informar da continuación do fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA (risco importante) por COSTEIROS durante o día de hoxe, 4 de decembro, no Noroeste de A Coruña. Espérase mar combinada do Noroeste con ondas de 5 a 6 metros e vento do suroeste de 50 a 61 […]
O obradoiro ‘Almorzos e merendas saudables en familia’ da Academia AresXSaúde abre as súas inscricións

O vindeiro 19 de decembro ás 17:00 h., o Club Náutico de Ares acollerá a segunda sesión do programa Academia AresXSaúde que impulsa o Concello, desta volta centrado na cociña. A docente Eva Pazos, profesora na escola gastronómica Oído Cociña, impartirá un obradoiro onde se poderán aprender ideas fáciles e prácticas para almorzos e merendas […]
Ares ilumina os mellores desexos para o 2026 da súa veciñanza

O venres, 5 de decembro, a partir das 18:00 h., o Concello convida ós e ás aresáns a colaborar na decoración da árbore de Nadal na Biblioteca Municipal de Ares, o acto simbólico que dá inicio ao período festivo en Ares. Baixo o nome ‘Ilumina os teus desexos’, a veciñanza poderá pendurar da árbore os […]
Ares principia coa oferta municipal do Nadal: obradoiros tematizados, deporte, teatro, cabalgatas e moito máis ao longo das vindeiras semanas

O Concello vén de desvelar a programación das áreas de Cultura, Deportes e Xuventude que se desenvolverá na vila para que ninguén quede sen pasalo ben neste Nadal. Espectáculos de teatro musical, o XIV Certame de Panxoliñas, a XX Carreira Popular, zumba na Praza da Constitución, Campionato de eSports… unha oferta diversificada que abrangue dende […]
O SendAres habilita as inscricións para a quinta ruta da tempada 25-26

A paisaxe de Cabo Prior a Doniños protagonizará este itinerario de sendeirismo axendado para o 21 de decembro. A reserva de praza abrirá hoxe a partir das 16:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados. A Concellaría de Deportes vén de anunciar a apertura […]
A Biblioteca Municipal de Ares, galardoada na máxima categoría do Premio María Moliner

O proxecto do equipo bibliotecario aresán é un dos dez escollidos en toda España para recibir o premio especial, ao que acceden só as propostas coas puntuacións máis altas. A biblioteca recibirá unha dote económica de 10.000 euros e xa supón o seu oitavo María Moliner, malia ser o primeiro nesta modalidade excepcional. Cunha […]
Puntos limpos móbiles municipais instalados en Cortiñas Gil e Redes (02.12.2025)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Cortiñas Gil e Redes, para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE CORTIÑAS GIL Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites […]
O MercAres arranca coa súa sexta edición durante os vindeiros dous meses

Dende este 1 de decembro até o 31 de xaneiro, Ares vivirá unha nova edición da campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres 2025-2026. Os negocios adheridos xa teñen os 307 vales-rascas a disposición daquela veciñanza que efectúe unha compra superior a 10 euros nalgún dos máis de 80 establecementos que se sumaron […]
Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por fenómenos metereolóxicos adversos: COSTEIROS nivel LARANXA

A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informa no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA (Risco importante) por COSTEIROS que afectará á provincia de A Coruña dende as primeiras horas de mañá, martes, 2 de decembro. Agárdase mar combinada do Noroeste con ondas de 5 a 6 metros. Prégase tomar medidas […]
Ares e Mugardos presentan a XX Carreira Popular Fin de Ano

O evento deportivo promoverase o 28 de decembro a partir das 11:00 h. con saída e chegada ao pavillón polideportivo municipal aresán. As inscricións están xa abertas vía telemática na web de carreirasgalegas.com até o 23 de decembro, sendo o único requisito ter cumpridos os 16 anos na data da carreira. Os Concellos de […]
Ferrolterra, Eume e Ortegal reclaman un tren do século XXI

A edila de Mobilidade de Ares, Lucía Blanco, sumouse en representación do Concello á multitudinaria manifestación celebrada onte en Ferrol para solicitar melloras ferroviarias e un servizo de tren que remate coa discriminación de Ferrolterra, Eume e Ortega, convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril. Milleiros de persoas –máis de 10.000 asistentes segundo as fontes policiais, […]