O Concello anuncia a apertura do período de inscrición para a primeira ruta do SendAres 2024-2025

O programa municipal de sendeirismo comezará redescubrindo a paisaxe das Fragas do Eume no traxecto circular de Soaserra-Caaveiro de 14,5 quilómetros. O proceso de reserva previa abrirá ás 14:00 horas, habilitando 25 prazas cun custo de 15 euros. Estará operativo até o 7 de outubro ás 23:59 horas. A Concellaría de Deportes vén de informar […]
O VI Festival Internacional Entes Animados 2024 regresa a Ares nas próximas fins de semana

O Festival Internacional de Entes Animados (FESTEA) recalará na comarca de Ferrolterra un ano máis e Ares converterase nunha das súas sedes, acollendo diferentes funcións teatrais con entrada libre e de balde. Ao longo das próximas fins de semana, seis compañías procedentes de Portugal, Brasil e Inglaterra desembarcarán non só no noso concello, tamén en […]
SendAres 2025, sete rutas para explorar o patrimonio natural galego dende a práctica sendeirística

O Concello vén de presentar hoxe a nova oferta de rutas que promove na primeira tempada deste programa municipal deportivo, cun itinerario por mes dende outubro até xuño. A iniciativa permitirá achegarse até diferentes paisaxes de proximidade, redescubrindo dende unha nova perspectiva a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal. O mosteiro de Caaveiro, os cantís […]
O scape room de Antía Yáñez transforma a biblioteca en escenario de investigacións

Resulta que pola Biblioteca Municipal de Ares a semana pasada aconteceu algo insólito: houbo desaparicións, moito misterio e sobre todo unha misión de investigación para rescatar a uns cantos rapaces e rapazas atrapados! A partir do libro de Antía Yáñez ‘Plan de rescate’, e coa propia autora guiando os pasos da mocidade aventureira, a Alianza […]
Punto limpo móbil instalado en Federico García Expósito

O punto limpo móbil do Concello xa está a disposición da veciñanza en Federico García Expósito ao longo de toda a semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
Últimos días para inscribirse en ‘Envellecendo en Ares’, os obradoiros para persoas maiores de 55 anos

Se queres sumarte a algunha das 4 tipoloxías de obradoiros que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar na vila para os maiores de 55 anos empadroados/as no municipio, lembra que o proceso de inscrición remata este venres, 20 de setembro. No marco do programa ‘Envellecendo en Ares’, atoparás… Obradoiros de memoria para traballar a […]
A Alianza Aresana acolleu a presentación literaria de ‘Ardentía 1854’ de María D. López-Menéndez

A xornalista e guionista María D. López-Menéndez debullou o venres pasado no salón de actos da Alianza Aresana o fondo da súa primeira novela, Ardentía 1854, no marco do acto que promoveu a Concellaría de Cultura do municipio. Publicada en Hércules de Ediciones este 2024, o libro propón unha viaxe á cidade da Coruña no […]
O Concello traslada os seus parabéns ao Club de Remo de Ares polo ascenso á ACT

O Club de Remo de Ares volveu a casa tras cunha das mellores novas: despois de dous anos, certificou o seu ascenso á ACT nos play-off deste fin de semana en terras vascas. A Santa Olalla de Lubre regresa á elite estatal do remo coa mesma humildade, capacidade de loita e entrega que amosan regata […]
Escolas deportivas e culturais municipais 2024-2025

Ligazón para a inscricións nas escolas/actividades: ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2024-2025 (google.com) OFERTA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS XADREZ (+4 ANOS) ONDE: Na Alianza Aresana (Grupo 1) e na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Grupo 2). CANDO: Grupo 1 (Ares): Martes de 16:00 a 17:00 h. Grupo 2 (Caamouco): Martes de 17:30 a 18:30 […]
O Concello publica a oferta de escolas deportivas e culturais municipais para o 2024-2025

As inscricións abrirán o 12 de setembro para empadroados/as e o 20 de setembro para non-empadroados/as, estando habilitadas até completar os grupos de cada escola. Posteriormente, do 1 ao 16 de outubro, será o prazo para aboar as matrículas. Debido as obras no pavillón de Ares, as escolas deportivas que se realicen en pista (nomeadamente, […]
Punto limpo móbil instalado en Cervás

O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse na contorna de Cervás para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
A Alianza Aresana acolle esta semana a presentación de ‘Ardentía 1854’, da escritora María D. López Menéndez

A autora debullará as circunstancias arredor desta última novela publicada en Hércules de Ediciones o próximo venres, 13 de setembro, ás 20:00 horas no seu salón de actos. Estará acompañada da súa editora, Laura Rodríguez, e do xornalista e escritor Pablo J. Rañales. Unha viaxe a 1854, ano da epidemia de cólera que acabou co […]