A paisaxe litoral de Ares, protagonista do novo mural de Sfhir

O pavillón polideportivo loce xa o resultado final do traballo do artista urbano Hugo Lomas e o seu equipo, un deseño onde a costa da vila, tan vencellada coa memoria mariñeira e a identidade local, é protagonista. Ares súmase así ao conxunto de localidades que amosan a pegada dun dos mellores muralistas do mundo, especialista […]

O municipio acollerá unha nova xornada de limpeza na praia do Raso

O domingo, 19 de outubro, a Agrupación Instrutiva de Caamouco promoverá unha actividade de limpeza, sumándose á iniciativa da Asociación Ecoloxista de ADEGA, coa colaboración do Concello de Ares, centrada no areal do Raso. A partir das 11:00 horas, o voluntariado contribuirá a recoller os refugallos que se atopen na praia no marco desta acción […]

Ares volve subir ao autobús do teatro!

Este sábado, a veciñanza viaxou ata Santiago de Compostela para desfrutar de “A serie Clopen”, unha comedia trepidante dirixida por Pablo Reboleiro que combina humor, danza e un estilo circense  para afondar nas grandes problemáticas da mocidade a través da historia de Alicia, unha rapaza en construción da súa identidade.  A actividade, impulsada pola Concellaría de Cultura […]

Ares terá unha xornada informativa arredor da Comunidade Enerxética Local

O Concello, en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia e a Xunta, organiza o vindeiro 25 de setembro unha xornada informativa para falar da Comunidade Enerxética Local de Ares, unha forma de organización onde persoas e entidades locais pódense unir para producir, xestionar e compartir enerxía renovable de forma colaborativa, reducindo custos enerxéticos. Se queres […]

O Concello convida aos grandes produtores do municipio a incorporar colectores marróns de balde

A Concellaría de Medioambiente vén de despregar unha campaña para entregar este tipo de colectores a calquera establecemento que produza materia orgánica e desexe contribuír á xestión ecolóxica destes residuos. Instalarase así unha nova infraestrutura medioambiental para os restaurantes, tendas de alimentos, bares, froitarías… chave para diminuír a contaminación e obter compost natural, pois os […]

Cambios provisionais no sistema de estacionamento e circulación na contorna da Reitoral

O Concello vén de informar dos cambios que se producirán na contorna da Reitoral de Ares, no núcleo urbano da vila, por mor do inminente inicio da intervención que incorporará un equipo de bombeo de augas pluviais nas súas inmediacións, fundamental para evitar as inundacións na área de estacionamento. Así, a partir do vindeiro luns, […]

Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares

Dende mañá, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana: De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h. Sábado, de 19:00 a 23:00 h. E domingo, de 19:00 a 21:00 […]

O SendAres pon en marcha a terceira ruta da tempada 25-26

A contorna do río Sor, en Mañón, será o espazo a descubrir polas persoas que se sumen a este itinerario municipal de 12 quilómetros durante o 26 de outubro. As inscricións abrirán hoxe a partir das 14:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados.   […]

Máis da metade dos 50 novos composteiros do Concello xa están en mans da veciñanza

Durante os últimos días, a concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, visitou e entregou ós veciños e veciñas da localidade máis da metade dos composteiros solicitados e que se habilitaron nesta nova campaña municipal de Compostaxe Doméstica. A infraestrutura autoxestión de residuos orgánicos medra así progresivamente, como xa o fixo en anteriores campañas semellantes á actual, […]

O Concello de Ares pon punto final á recuperación do lavadoiro de Fonte da Cal, en Chanteiro

A infraestrutura someteu a uns traballos centrados na rehabilitación integral do conxunto formado polo lavadoiro e a fonte, dignificando este espazo que se entende, sobre todo, como un patrimonio de gran valor emocional para a veciñanza. Contabilizando este último en Chanteiro, o número de lavadoiros recuperados polo Concello ascende a cinco, despois do materializado en […]