Adiado o Scape Room previsto para o 9 de maio

Segundo informa a Concellaría de Cultura, por motivos de saúde que imposibilitan á súa organización, adíase o Scape Room destinado á rapazada de 7 a 12 anos previsto para mañá, 9 de maio, ás 18:30 h. nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares. Desculpen as molestias.

Xa dispoñible a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía na Casa da Xuventude

Até o 26 de maio,  veciñanza e amantes da fotografía da zona poden desfrutar da mostra que promoven a Concellaría de Cultura e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra no andar superior da Casa da Xuventude. Esta 2ª Exposición Multidisciplinar está composta por preto de 50 instantáneas dos membros da asociación ferrolterrá e supón unha […]

Estudantado do CPI As Mirandas coñece as posibilidades da vela adaptada

Esta semana, a Concellaría de Deportes programou unha nova actividade que axuda a ver o deporte dende unha visión máis inclusiva, incorporando unha saída á ría guiados por Álvaro Illobre en embarcación adaptada para persoas con mobilidade reducida. A iniciativa, organizada dentro do programa europeo Sporural, contou coa colaboración de ADM Ferrol e o Club […]

Ares e Mugardos presentan a Montefaro Enduro Race 2024

A Copa de España de BTT organizarase o 18 e 19 de maio na contorna de Montefaro e volverá a ser unha cita de referencia na comarca para os amantes do enduro. Ao acto de presentación asistiron autoridades do Concello aresán e mugardés, representantes de Pulpeiros de Mugardos e tamén do Club de Remo de […]

‘Plan de rescate’, novo scape room na Biblioteca Municipal de Ares

O próximo xoves, 9 de maio, ás 18:30 horas, a rapazada de entre 7 a 12 anos enfrontarase a todo un reto: escapar da Biblioteca Municipal de Ares seguindo un percorrido de pistas e rescatar aos compañeiros e compañeiras que fiquen atrás. A Alianza Aresana converterase así no escenario dunha particular scape room que bebe […]

O deporte aresán continúa acadando novos éxitos

O Concello traslada os seus parabéns ao Numancia polo recente ascenso a Primeira Galicia 2023-2024 aínda con tres xornadas por diante, un logro que exemplifica o esforzo e a unión do equipo, mais tamén un modelo de club moi vencellado á vila, á súa canteira e ós aresáns. Tamén o noso veciño Hugo Martínez acadou […]

Cambio de data na entrega de premios do DegustAres 2024

2024-CARTEL DEGUSTARES

Por motivos organizativos, a entrega de premios do DegustAres 2024 trasladarase de mañá, 3 de maio, ao venres, 10 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Lembra que, a maiores de coñecer aos gañadores, tamén se sorteará 1 vale de 100 euros entre as persoas asistentes.

O Concello instala 3 minipuntos limpos no núcleo urbano de Ares

Atópanse operativos dende o comezo desta mesma semana na Praza da Igrexa, na Praza da Porta do Sol e na rúa da Franxa. Supoñen unha mellora do sistema de reciclaxe e tratamento de residuos da vila, ampliada progresivamente a través doutros servizos coma o punto limpo móbil e as campañas de composteiros. Para materializalos, a […]

A nova edición das Alfombras Florais de Ares chegará á vila o 2 de xuño

A Festa de Interese Turístico de Galicia iniciará os traballos de preparación este mesmo venres e contará con 5 tramos de tapices. Dende a Asociación que promove as Alfombras Florais convidan á veciñanza a participar das tarefas de picado, fundamentais para organizar este evento que xa é parte da idiosincrasia de Ares. O Corpus aresán […]