Ares premiará as mellores caracterizacións indianas cun concurso de traxes

A Praza da Constitución da vila transformarase en escenario de desfiles a través dunha das novas propostas da Concellaría de Cultura para o Ares Indiano 2025. Durante a tarde do domingo, 24 de agosto, o Concello impulsará un concurso de vestimenta indiana, ‘Amosa o teu traxe’, co foco posto en premiar a implicación do público […]
O Ares Indiano tamén se saborea con 7 showcookings e 2 degustacións de chocolate para fusionar os sabores a ambos lados do Atlántico

O Concello, grazas á involucración da Deputación da Coruña no evento dentro da súa campaña ‘A paisaxe que sabe’, contará cunha carpa gastronómica e un mercado de artesáns que se instalarán no Parque Rosalía. A cociñeira Nair González, unha das mellores chefs da provincia, e o especialista en elaboracións con chocolate Tomás Rodríguez, de OXOCO, […]
Xabier Díaz, Septeto Naborí e 11 agrupacións musicais encherán as rúas de melodías durante o Ares Indiano

No Ares Indiano continuarán mesturándose os ritmos galegos coas melodías cubanas grazas ás súas actuacións musicais e pasarrúas que encherán de vida as rúas do municipio ao longo do 22, 23 e 24 de agosto. Galicia e Latinoamérica uniranse un ano máis a través da cultura e da expresión artística. Desta volta, o grupo Septeto […]
A tenda de aluguer efémero de vestimentas indianas chegará a Ares do 18 ao 23 de agosto

Chimpos, a empresa compostelá especializada en vestiario histórico rexentada por Betty Sieira, regresa á vila aresá para instalar a tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana na Avenida Saavedra Meneses, número 16. Do luns, 18, até o sabado, 23 de agosto, todo aquel que o desexe poderá botar unha ollada ao seu catálogo, probar as […]
O lavadoiro de Fonte da Cal, en Chanteiro, recuperarase cun proxecto de rehabilitación do Concello

Será o quinto lavadoiro que se reacondicionará despois dos traballos realizados dende a Concellaría de Urbanismo en Baixolo (Seselle), Bulleiro (Lubre), A Torre (Cervás) e, no verán pasado, Fonte da Tella (Lubre) A intervención eliminará o feísmo, dotará ao conxunto de lavadoiro e fonte de maior harmonía e rehabilitará tanto a súa estrutura como cuberta. […]
Ampliación do prazo de inscrición para as primeiras rutas do SendAres 25-26

O Concello de Ares vén de informar da ampliación do prazo para reservar prazas e participar na saída cara León do SendAres 25-26 ata as 14:00 horas do 🗓️ xoves, 14 de agosto. A iniciativa implica sumarse a dúas rutas: a Travesía Puerto Las Señales-Maraña e Maraña-Acebedo, baixo un prezo de 150 euros, pernocta, desprazamentos, […]
O Ciclo de Cine de Verán do Concello rematará o vindeiro xoves coa proxección de CampeoneX

As Escolas do Lago acollerán esta última sesión o 14 de agosto a partir das 22:00 horas. O xoves, 14 de agosto, porase punto final á programación do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre do Concello, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. As Escolas do Lago contarán coa proxección […]
Os roteiros en barco, autobús histórico e a pé, xunto cos obradoiros tematizados do VIII Ares Indiano, abrirán mañá as súas inscricións

Este mércores, 13 de agosto, as persoas interesadas poderán reservar a súa praza tanto nas tres tipoloxías de roteiros do Ares Indiano –a pé con Cayetano Lledó, en autobús e a bordo do M. Presas—como nos obradoiros de pintura, decoración e búsqueda do tesouro. Serán todas elas experiencias para gozar da oitava edición da celebración […]
O Concello presenta o programa do VIII Ares Indiano: gastronomía, divulgación histórica, música e moita máis cultura para conmemorar o legado dos migrantes cara América

Cunha programación que inclúe dende os roteiros en barco, a pé e autobús ata mostras teatrais, clases de baile latino ou showcookings, a principal celebración lúdico-cultural do municipio reiterará o seu compromiso coa memoria da emigración aresá e galega. O 22, 23 e 24 de agosto, Ares somerxerase nunha viaxe para ollar o pasado e […]
A Milla Urbana do Concello de Ares reafírmase no seu carácter referencial na comarca superando as 500 inscricións

Corredores e corredoras de todas as idades participaron este sábado nunha nova edición da Milla Urbana Concello de Ares, unha das probas deportivas con máis tradición na vila que, ano tras ano, fai da Praza da Igrexa e do paseo marítimo todo un circuíto atlético. Esta XXXIII edición, organizada polo Concello en colaboración coa Federación […]
O Campus Chiquibásquet pecha a súa edición de verán na vila con deporte, aprendizaxes e diversión sobre a cancha

A 17ª edición do Campus Chiquibásquet, impulsado por Chiqui Barros e o Concello de Ares, vén de concluír o venres pasado no pavillón polideportivo municipal, transformado en centro de entrenamento e diversión arredor do baloncesto durante toda unha semana. Alí, os promotores do Campus e a concelleira de Deportes, Alma Barrón, celebraron a clausura oficial […]
O Concello anuncia a oferta de Actividades Deportivas Municipais para arrancar en setembro

Estableceranse dous períodos de inscrición: o primeiro dende o vindeiro luns, 11, ás 14:00 h., até o 21 de agosto para empadroados/as e, a partir desa data, para os non-empadrados/as. Ambos os procesos estarán operativos ata que se completen os grupos. A Concellaría de Deportes vén de desvelar hoxe o conxunto de actividades deportivas […]