O SendAres completa a sétima ruta da tempada

A Costa da Morte converteuse na paisaxe protagonista da sétima ruta do SendAres 2023-2024 durante o día de onte. Os sendeiristas que se sumaron á iniciativa comezaron a marcha na praia de Razo e logo dirixíronse á vila pesqueira de Malpica, ollando sempre o Océano Atlántico, e até puideron explorar os Muíños de Ardeleiro, un […]

Conclúe a cuarta charla da Academia AresXSalud

Os ciclos hormonais da muller, a regulación menstrual ou mesmo como levar unha boa alimentación foron algúns dos temas que agromaron o venres, 15 de marzo, na Alianza Aresana, no marco da charla divulgativa que impartiu Camilo Prieto Rivas, da clínica maSSalud. A sesión, que forma parte dunha das seis ponencias de ‘Academia AresXSalud’ das […]

Inician as obras de renovación de servizos e pavimentos na rúa Fomento

A intervención permitirá efectuar unha modernización da rede de saneamento, pluviais e abastecemento, xunto coa execución de traballos civís en electricidade e telecomunicacións. Ao remate, aplicarase unha renovación dos pavimentos. Implicará un investimento de 155.139, 93 euros, con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe mesmo do […]

O Concello celebra os 120 anos de historia da Alianza Aresana de Instrucción

A vila aresá rende homenaxe a unha das agrupacións que exemplifican o seu pasado migratorio, fundada na Habana en 1904 cun obxectivo: procurar o progreso de Ares no eido social e educativo. Música e narración oral o martes, 19 de marzo, a cargo de Amor Herrera e Cris de Caldas; teatro e a lectura da […]

Punto limpo móbil instalado en Cervás

O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza en Cervás ao longo de toda a semana para que se depositen os residuos de tratamento especial:   Pilas e baterías;   lámpadas e tubos fluorescentes;   aceites minerais e vexetais; roupa e calzado  e pequenos electrodomésticos.

Ares lanza un obradoiro para aprender a empregar as redes sociais no pequeno comercio

O Concello, da man da Oficina AceleraPyme da Deputación da Coruña, programa a sesión “As redes sociais: o escaparate para pemes, persoas autónomas e emprendedoras” o próximo luns, 18 de marzo, a partir das 19:30 horas. A iniciativa permitirá que os negocios locais afonden en ferramentas dixitais para mellorar a súa presenza en Internet. É […]

Samaín na Biblioteca

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e pequenas á biblioteca procurando atopar obxectos, notas e outros elementos desperdigados polas diferentes áreas ou mesmo polos libros, facendo que a rapazada chegue ben preparada para a aventura coas súas lanternas e mesmo caracterizados para […]

Campaña Neve 2025

LUGAR Valgrande-Pajares (Asturias)   ALOXAMENTO Albergues a pé de pista na Estación invernal de Valgrande-Pajares.   DURACIÓN De venres 24 de xaneiro a luns 27 de xaneiro.   REGRESO Luns, despois do almorzo.   DESTINATARIOS Rapazada empadroada nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de […]

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE DECEMBRO ILUMINA OS TEUS DESEXOS Ponte da Ciscada, 17:30 horas. Acendido da árbore e do alumeado de Nadal.   XOVES, 12 DE DECEMBRO O NADAL CHEGOU Á BIBLIOTECA Obradoiro para […]

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN OBXECTO O obxecto destas bases, é a participación de todas aquelas persoas en calidade de clientes ou consumidores que desexan participar no pobo de Ares co fin de apoiar, ao […]