MercaNaVila, unha oportunidade para o comercio local de Ares

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, vén de presentar a súa campaña MercaNaVila, unha iniciativa para impulsar o comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes. O seu obxectivo: incentivar as compras de proximidade ofrecendo á cidadanía maior de idade descontos de ata 100 euros por persoa nos establecementos […]
Proseguen os traballos para a rexeneración do humidal da Xunqueira

Este espazo de gran valor natural verá renovada a súa pasarela de madeira, amais de contar con talas selectivas e a limpeza da contorna, grazas ao esforzo económico feito tanto polo Concello como pola Consellería de Medioambiente e Cambio Climático. Contabilizando o investimento de 225.000 euros que se farán nestes traballos, dende 2008 adicáronse máis […]
O Concello de Ares presenta “Non remates coas mates”, un programa de obradoiros para redescubrir as matemáticas desde novas ópticas

Esta nova iniciativa buscará quebrar a percepción negativa arredor desta rama do coñecemento que se entende sempre coma algo difícil e abstracto, cando en realidade forma parte da vida cotián das persoas e da cultura colectiva. Tres serán as sesións que conforman Non remates coas mates, cada unha delas cun proceso propio de reserva de […]
Ares será o epicentro das II Xornadas de Autocoidado para profesionais PAS

As persoas altamente sensibles contarán cun programa deseñado e dirixido pola emprendedora Concha Tejada, en colaboración co Concello. O salón de actos da Alianza Aresana acollerá charlas, obradoiros, mostras creativas e outras experiencias orientadas a redescubrir o valor da sensibilidade. Un espazo seguro onde as persoas altamente sensibles (PAS) poidan aprender a priorizarse, coidarse […]
A paisaxe litoral de Ares, protagonista do novo mural de Sfhir

O pavillón polideportivo loce xa o resultado final do traballo do artista urbano Hugo Lomas e o seu equipo, un deseño onde a costa da vila, tan vencellada coa memoria mariñeira e a identidade local, é protagonista. Ares súmase así ao conxunto de localidades que amosan a pegada dun dos mellores muralistas do mundo, especialista […]
O municipio acollerá unha nova xornada de limpeza na praia do Raso

O domingo, 19 de outubro, a Agrupación Instrutiva de Caamouco promoverá unha actividade de limpeza, sumándose á iniciativa da Asociación Ecoloxista de ADEGA, coa colaboración do Concello de Ares, centrada no areal do Raso. A partir das 11:00 horas, o voluntariado contribuirá a recoller os refugallos que se atopen na praia no marco desta acción […]
Ares volve subir ao autobús do teatro!

Este sábado, a veciñanza viaxou ata Santiago de Compostela para desfrutar de “A serie Clopen”, unha comedia trepidante dirixida por Pablo Reboleiro que combina humor, danza e un estilo circense para afondar nas grandes problemáticas da mocidade a través da historia de Alicia, unha rapaza en construción da súa identidade. A actividade, impulsada pola Concellaría de Cultura […]
Ares terá unha xornada informativa arredor da Comunidade Enerxética Local

O Concello, en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia e a Xunta, organiza o vindeiro 25 de setembro unha xornada informativa para falar da Comunidade Enerxética Local de Ares, unha forma de organización onde persoas e entidades locais pódense unir para producir, xestionar e compartir enerxía renovable de forma colaborativa, reducindo custos enerxéticos. Se queres […]
Na Cerna do Son, unha fusión de danza, música e poesía para viaxar ao corazón da música tradicional galega

O vindeiro 28 de setembro ás 20:00 horas no Casino Aresano, o grupo actoral de Gallaecia Eventos representará esta homenaxe a todas as persoas que tiveron que emigrar para buscar unha vida mellor. O acto terá entrada libre e está promovido pola Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña e o propio Casino […]
O Concello convida aos grandes produtores do municipio a incorporar colectores marróns de balde

A Concellaría de Medioambiente vén de despregar unha campaña para entregar este tipo de colectores a calquera establecemento que produza materia orgánica e desexe contribuír á xestión ecolóxica destes residuos. Instalarase así unha nova infraestrutura medioambiental para os restaurantes, tendas de alimentos, bares, froitarías… chave para diminuír a contaminación e obter compost natural, pois os […]
Cambios provisionais no sistema de estacionamento e circulación na contorna da Reitoral

O Concello vén de informar dos cambios que se producirán na contorna da Reitoral de Ares, no núcleo urbano da vila, por mor do inminente inicio da intervención que incorporará un equipo de bombeo de augas pluviais nas súas inmediacións, fundamental para evitar as inundacións na área de estacionamento. Así, a partir do vindeiro luns, […]
Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares

Dende mañá, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana: De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h. Sábado, de 19:00 a 23:00 h. E domingo, de 19:00 a 21:00 […]