Punto limpo móbil instalado na contorna de Federico García Expósito (18.06.2025)

Lembra que o punto limpo móbil do Concello xa está a disposición da veciñanza en Federico García Expósito ao longo de toda a semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: ✅ Pilas e baterías; ✅ lámpadas e tubos fluorescentes; ✅ aceites minerais e vexetais; ✅ roupa e calzado ✅ e pequenos electrodomésticos.

O Concello remata co proxecto de renovación do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro

Os traballos redundaron nunha mellora da eficiencia enerxética do edificio ao intervir na envolvente térmica, no aillamento das fachadas, o sistema de calefacción e a iluminación con luminarias de tipo LED. A intervención supuxo un investimento de 105.000 euros, impostos incluídos, cofinanciado entre a Unión Europea (80 %) e a administración aresá (20 %).   […]

Ares estrea unha renovada área infantil no parque Rosalía de Castro

O Concello vén de concluír a última actuación de mellora, na que se instalaron tres novos xogos, cada un co seu pavimento de seguridade arredor, e tamén elementos de mobiliario urbano destinado ó confort dos adultos. Os traballos supuxeron un investimento de preto de 75.000 euros asumidos pola Deputación da Coruña a través do seu […]

O Concello presenta as súas rutas turísticas en barco pola ría

Dende o 21 de xuño até o 12 de outubro, regresa un ano máis o servizo de ‘Ares desde o Mar’, unha iniciativa de carácter turístico para explorar a riqueza mariñeira da vila. Os percorridos a bordo do M. Presas estarán dispoñibles durante as fins de semana cun prezo de 15 euros para adultos e […]

Ares cruza a raia e viaxa a Portugal

Este pasado sábado, 14 de xuño, a veciñanza de Ares gozou dunha xornada marcada polo descubrimento, a paisaxe e a compañía grazas á excursión organizada pola Concellaría de Benestar e Igualdade a varias vilas da raia portuguesa. Ao longo de todo o día, máis de 100 veciños e veciñas exploraron Valença do Miño, Vila Nova […]

O Concello renovará a carpintería exterior do Mercado Municipal de Ares e repintará o edificio baixo a Guía de Cores e Materiais de Galicia

A intervención armonizará o Mercado coa súa contorna e contribuirá á eficiencia enerxética ao cambiar as ventás, os acristalamentos e outros elementos de carpintería. Os traballos principiaron esta semana e contan cun orzamento próximo aos 40.000 euros, impostos incluídos.   A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe mesmo do inicio dunha obra que intervirá […]

Finaliza a adecuación do acceso á praia de Seselle pola contorna de Os Castros

As obras demoleron o formigón en mal estado, materializaron unha senda peonil e unha escaleira novas para mellorar a accesibilidade ao areal e instalouse unha varanda de madeira que garante a seguridade dos peóns. A intervención contou cun investimento de 61.000 euros asumidos polo Goberno central a través da Demarcación de Costas de Galicia dependente […]

BANDO MUNICIPAL: Fogueiras de San Xoán e San Pedro 2025

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE  DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración das noites de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras,  e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º […]

O edificio municipal de Servizos Sociais contará cunha nova cuberta tras a súa reposición

O Concello vén de iniciar os traballos de cambio da cuberta da infraestrutura situada na Praza da Constitución, onde se incorporarán aillamento térmico de poliestireno, placas de fibrocemento e tellas de cerámica curva. A intervención contará cun orzamento de 58.000 euros, financiados cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).   Esta mesma […]

O XIV Mercadillo Veciñal do Concello de Ares chegará á vila o vindeiro 6 de xullo

O paseo marítimo encherase durante todo o día de postos para intercambiar, mercar e vender produtos de segunda man, material de coleccionismo ou artesanías. Para a reserva de stands será necesario inscribirse de xeito presencial na Biblioteca Municipal de Ares en dúas quendas: do 16 ao 17 de xuño empadroados/as e do 18 ao 19 […]