Ares e Mugardos celebran un ano máis o seu tradicional Voto de Chanteiro

Nun caluroso martes, 10 de xuño, veciños e veciñas de Ares e Mugardos reuníronse arredor da Ermida da Mercé para conmemorar unha das tradicións máis antigas do territorio: o Voto de Chanteiro, unha romaría que mestura a historia coa festa popular nunha contorna privilexiada. A xornada comezou coa tradicional misa ás 12:00 h., seguida da […]

Punto limpo móbil instalado en Cervás (09.06.2025)

 O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse en Cervás para que a veciñanza deposite os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Lembra que estará alí toda a semana!

O Concello pechou a programación da Academia AresXSalud cun showcooking sobre ceas saudables

A docente gastronómica Eva Pazos, profesora na escola Oído Cociña, puxo o punto e final ao ciclo divulgativo municipal da Academia AresXSalud para a tempada 2024-2025, xunto coa concelleira de Benestar, Victoria Montenegro. A Alianza Aresana foi o escenario do seu showcooking o pasado venres, onde ensinou á veciñanza como elaborar cear equilibradas e nutritivas […]

Un equipo de campións

Esta fin de semana o Club Remo de Ares regresou á nosa vila cun novo título e unha nova alegría: voaron sobre as augas do Porto de Aguiño para acadar o Campionato Galego de Traineras con toda a súa bravura xabrenta! Unha loita dende a primeira pada e unha demostración de que continúan na senda […]

O Concello prosegue co proxecto de ampliación e mellora no Camiño de Estacas con dous expedientes abertos que permitirán ensanchar un tramo desta vía municipal

A administración local de Ares vén de recibir o borrador do proxecto de expropiación para mellorar o acceso a Estacas na zona urbana –na marxe dereita en dirección Estacas–, amais de ordenar neste pasado mes de abril a continuación dos traballos de limpeza, taluzado completo, estabilización de muros e poda e tala de todas as […]

Preto de 60 participantes pechan o curso do programa Envellecendo en Ares 24-25

O Casino Aresán acolleu esta semana o punto e final das actividades para persoas maiores dentro da programación municipal Envellecendo en Ares 2024-2025, unha iniciativa que procura promover unha vellez de calidade, con socialización, aprendizaxes e estimulación cognitiva na veciñanza de máis de 55 anos. Preto de 60 participantes dos obradoiros do Concello de manexo […]

Horarios e programa do Voto de Chanteiro 2025

O Concello vén de informar do servizo de autobuses e a programación que se organizará durante o martes, 10 de xuño, no marco da celebración do tradicional Voto de Chanteiro. 10:30 horas: Saída de autobuses de Ares e Mugardos. Ruta de autobús dende Mugardos: inicio en San Xoán de Piñeiro e paso por O Seixo, […]

Punto limpo móbil instalado en Barracido (02.06.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Barracido para a recollida de residuos especiais! Lembra que alí podes depositar:  Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medioambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da comunidade local.