Ares adecúa o acceso á praia de Seselle pola contorna de Os Castros

Costas de Galicia vén de notificar o inicio dos traballos esta semana despois dun período de diálogo e negociacións co Concello, de tal xeito que se estableceu a adecuación desta entrada a un areal moi concurrido como prioridade. As obras, cun orzamento de 61.000 euros, conlevarán a demolición do formigón en mal estado e a […]

Obradoiro de Superlectores na Biblioteca de Ares

Dezanove nenos e nenas dende os 6 anos acudiron onte á Biblioteca Municipal de Ares para poñerse mans á obra e deseñar as súas propias bolsas para libros totalmente personalizadas. Con moita cor, retazos de teas e creatividade celebraron eles as Letras Galegas e a literatura no marco da programación da Concellaría de Cultura proposta […]

O Concello e a Fundación Esplai organizan un campamento gratuíto no verán para aprender sobre tecnoloxía de forma creativa e segura

Baixo o nome de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, as dúas entidades promoverán na Casa da Xuventude varias sesións ao longo de xuño e xullo co foco posto na mocidade da vila. Haberá a posibilidade de aprender sobre robótica, realidade virtual, programación, intelixencia artificial… e outros tantos módulos orientados ao uso responsable […]

Lara Pita acada o podio en terras lusas no eido do ciclismo

Trasladamos a nosa felicitación á veciña aresá Lara Pita Pena polo seu bo facer no circuíto portugués de Marmeleira – Mortágua, onde logrou o primeiro posto na proba de BTT Women Junior cun tempo de 1:07:25. O evento, inscrito na XCO Super Cup de ciclismo, realizouse a comezos deste mes de maio e permitiu a […]

Adiada a presentación do último libro de Xoán Rubia, ‘O PRACTICANTE RURAL’

Por motivos de carácter persoal que impiden a asistencia do autor, Xoán Rubia, ó acto, adíase a presentación de ‘O Practicante Rural’ prevista para o vindeiro venres, 16 de maio, no marco da programación do Concello de Ares polas Letras Galegas 2025. Procurarase unha nova data de realización o máis pronto posible.

O SendAres cruza fronteiras para descubrir a natureza leonesa

Durante esta fin de semana do 10 e 11 de maio, o programa municipal de sendeirismo do Concello, SendAres 2024-2025, organizou unha saída extraordinaria fóra de Galicia, explorando algúns dos espazos máis singulares da Cordilleira Cantábrica. O sábado arrancou coa Travesía Tarna-La Uña, un percorrido de 11 quilómetros polo corazón do Parque Natural de Redes, […]

APERTURA DAS INSCRICIÓNS DO CONCILIARES 2025

Lembra que hoxe, luns, 12 de maio, comezan as inscricións para o servizo municipal de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres 2025. Previa entrega da documentación no Departamento de Servizos Sociais ou vía rexistro electrónico na web institucional, www.concellodeares.gal, é preciso formalizar un prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do […]

O Concello desvela os horarios e tapas do DegustAres 2025

A ruta do pincho da Concellaría de Comercio arranca xa esta fin de semana! É o momento de prepararse para o DegustAres 2025 e saír a saborear as 7 tapas que atoparás na vila durante as xornadas do 10, 11, 17 e 18 de maio. Bota unha ollada aos horarios dos establecementos e lembra que […]