Clausura do Obradoiro Dual REINICIA X

Na xornada do venres pasado, o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, clausurou xunto á delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros; o rexidor de Fene, Juventino Trigo, e representantes municipais do Concello de Mugardos o obradoiro Reinicia X nun acto celebrado na casa consistorial mugardesa. Así, púxose punto e final á formación […]

A Academia AresXSalud analiza o estilo de vida das persoas afectadas polo cancro

O psicólogo e licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte José Barcia Tuccelli afondou o venres pasado, en contacto directo coa veciñanza para resolver as súas dúbidas e atender os seus comentarios, nas posibilidades de mellorar o estilo de vida dos pacientes con cancro. A Alianza Aresana acolleu o seu relatorio inscrito na […]

O Concello finaliza coas obras de renovación de servizos nas rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán, na contorna do Porto

Renovouse a infraestrutura de saneamento de augas fecais e pluviais, xunto coa eléctrica e de telecomunicacións, amais da iluminación e os pavimentos, agora en formigón coloreado. O proxecto impulsouse cun orzamento de 207.792,92 euros, asumidos entre o Concello (90.125,94 euros) e o POS+2023 (117.666,98 euros) da Deputación da Coruña. A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, […]

Ares e Mugardos presentan a XIX Carreira Popular de Fin de Ano

O evento recalará en ambos municipios, con saída e chegada ao pavillón polideportivo municipal mugardés, o domingo, 29 de decembro. As inscricións para a proba deportiva, de fondo carácter popular, xa están abertas vía telemática na web de carreirasgalegas.com ata o 25 de decembro, sendo o único requisito ter cumpridos os 16 anos na data […]

A I Ruta Ciclista Popular, unha oportunidade para descubrir a contorna de Ares en bicicleta

O evento, unha das principais novidades da programación de Nadal, recalará no municipio o sábado, 28 de decembro, a partir das 11:00 horas. Só é preciso inscribirse previamente, saber montar en bicicleta e acudir á cita con todos os mantementos feitos. Concello e Pulpeiros BTT, axentes involucrados na súa materialización, presentaron hoxe a iniciativa de […]

Apertura das inscricións das actividades municipais de Nadal

Lembra que dende onte, luns, 9 de decembro, o Concello habilitou as inscricións para as actividades municipais neste Nadal. Dende obradoiros culturais a campionatos na Casa da Xuventude ou eventos deportivos, a oferta é ampla e diversa, así que bota unha ollada con calma na seguinte ligazón: https://concellodeares.gal/o-nadal-en-ares-unha-ampla-oferta-con-concertos-cabalgatas-obradoiros-tematizados-e-moito-deporte-para-rematar-o-ano/. INSCRICIÓNS DE ACTIVIDADES CULTURAIS:  https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6 INSCRICIÓNS DE […]

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña Galicia sabe a  Mar que promove a Xunta de Galicia situouse ás portas do consistorio de Ares para ofrecer uns petiscos feitos con produtos de proximidade, das nosas rías e […]

O Concello recoñece a entrega e bo facer de Protección Civil de Ares

Dentro da conmemoración do Día Internacional do Voluntariado que se celebra cada 5 de decembro, o Concello organizou este xoves pasado un acto de recoñecemento ó compromiso, exemplaridade e traballo do corpo de Protección Civil de Ares, así como da Policía Local do municipio, representada no momento pola súa Xefatura. Presidido polo alcalde, Julio Ignacio […]

Ares xa loce o seu calendario municipal para o vindeiro ano

Tras fallar o VIII Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza este almanaque coas instantáneas gañadoras e finalistas. Este xoves pasado a Alianza Aresana acolleu a entrega dos premios do VIII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, no marco dun acto no que tamén se presentou o Calendario Municipal de […]

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado de simbolismo: entre as súas polas quedaron colgados os mellores desexos da veciñanza para o vindeiro 2025. Os nenos e nenas aresáns, boli en man, encargáronse de confeccionar as bolas […]