A creatividade dos pequenos agroma en forma de flores e testos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil 2025

Con todas as ganas e imaxinación que tiñan botáronse onte os pequenos e pequenas a debuxar e confeccionar uns testos e flores moi particulares na Biblioteca Municipal de Ares, dentro da programación da Concellaría de Cultura para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil 2025. Foi un obradoiro tematizado e deseñado para crianzas de […]
Ares consolida as dinámicas de traballo da súa Mesa de Saúde Local

Representantes do Concello, da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) de Ferrol e de asociacións aresáns con impacto no municipio reuníronse para pechar marzo cunha diagnose das necesidades da vila. Despois da súa constitución en febreiro de 2025, a Mesa abordou nesta ocasión as propostas de primeiras accións tendo en conta as oportunidades e […]
Últimos días para visitar a exposición Galicia en Foco

O mellor do fotoxornalismo galego aglutínase no andar superior da Casa da Xuventude de Ares grazas á 33ª edición de Galicia en Foco, unha mostra que chegou á vila a partir da coordinación entre o Club de Prensa de Ferrol e a Concellaría de Cultura. A exposición estará dispoñible até o 11 de abril para […]
Ares celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con Ana Meilán

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o espectáculo de narración oral que propuxo Ana Meilán ós pequenos e pequenas de 3 a 7 anos. Enmarcado na programación polo Día do Libro Infantil e Xuvenil do Concello, Meilán imaxinou un mundo sen ningunha bágoa. De feito, contou as aventuras de Simón, un neno que, […]
Punto limpo móbil instalado en Seselle

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos Roupa e calzado. Por un Ares máis verde!
Ares afonda na figura de Alejandro Viana co escritor Roberto Mera

A Alianza Aresana acolleu o pasado venres, 4 de abril, unha cita marcada pola recuperación da memoria histórica. O escritor Roberto Mera presentou “Alejandro Viana: un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” (Belagua Ediciones, 2021), unha obra que rescata a gran labor deste home que tanto contribuíu á evacuación de refuxiados nunha Europa […]
Próximas actividades na Biblioteca Municipal de Ares para público infantil e familiar

Bota unha ollada con calma e garda ocos na axenda para asistir ás vindeiras actividades na Biblioteca Municipal de Ares, inscritas dentro do programa de dinamización da Xunta de Galicia Ler conta moito: CONTACONTOS DE ANA MEILÁN O luns, 7 de abril, a partir das 18:30 horas, Ana Meilán achegarase até a Alianza Aresana para […]
Ares precisa voluntarios/as para a súa Semana Santa

A Cofradía de Xesús Nazareno e Soidade da Nosa Señora vén de comunicar unha necesidade para as vindeiras datas da Semana Santa en Ares: precisan de máis voluntarios que colaboren na organización e posta en marcha da celebración relixiosa na vila. “Sobre todo, necesitamos máis portadores dos tronos, porque agora mesmo non contamos con suficientes […]
Punto limpo móbil instalado na contorna do Porto

♻️ O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna do Porto durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial. 🚮 Lembra que alí podes deixar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa […]
O Concello anuncia a apertura das inscricións para a sétima ruta do SendAres 2024-2025

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/pXzpi4tsmm3EB4PP7 Os cantís de Loiba despregaranse ante os participantes que se sumen a este itinerario que principiará preto da vila do Barqueiro. Organizarase o 27 de abril, constará de 12 quilómetros e parte dun prezo de 20 euros por persoa. As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse a partir das 14:00 horas […]
O Concello de Ares e o CPI As Mirandas organizan a quinta edición do Concurso de Microrrelatos Escolares

A Concellaría de Cultura e o colexio municipal de Ares veñen de anunciar a posta en marcha do V Concurso de Microrrelatos Escolares, o certame que se promove para fomentar a creatividade literaria e a escritura entre a mocidade da vila, amais de conmemorar o Día do Libro 2025. Coma en anteriores edicións, establecéronse dúas […]
A Alianza Aresana, espazo de memoria histórica coa presentación do libro ‘Alejandro Viana: un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos’

O próximo acto literario organizarase este venres, 4 de abril, a partir das 19:30 horas, onde Roberto Mera recuperará a extraordinaria odisea de Viana, o seu tío bisavó, nunha Europa ocupada polos nazis e atravesada polos totalitarismos. Alejandro Viana Esperón, deputado republicano, foi unha figura fundamental na evacuación de miles de refuxiados que desexaban chegar […]