Inicio do aglomerado na Avenida Gaspar Rodríguez, en Redes, o vindeiro 02.06.2025

O Concello informa de que este vindeiro luns, 2 de xuño, comezarán os traballos de aglomerado no vial da Avenida Gaspar Rodríguez, en Redes (AC-123), no marco das actuacións de asfaltado que está a executar a Xunta en 3 estradas autonómicas de Ares. Consecuentemente, executaranse cortes de tráfico dende o cruce do núcleo de Redes, […]
Ares principia coa programación lúdico cultural de verán o 1 de xuño

O Concello vén de presentar hoxe a súa oferta de actividades para o período estival co lanzamento do VeraneAres 2025. A Concellaría de Cultura publica hoxe toda a súa programación para o período estival, arrancando xa o vindeiro 1 de xuño ata o 28 de setembro, cando se organice o último evento inscrito no […]
O Concello presenta a súa oferta deportiva municipal para o período estival

Baixo o nome de VeraneAres Deportivo 2025, inclúense tres grandes propostas: os campamentos deportivos urbáns, os xogos en Cervás-Chanteiro e o programa de Xuventude Verán Activo. O período de inscricións abrirá do 2 ao 12 de xuño para empadroados/as, e do 16 ao 20 de xuño para os non-empadroados en Ares. LIGAZÓN – CAMPAMENTO […]
A Xunta de Galicia e o Concello de Ares presentan conxuntamente a intervención de mellora do abastecemento de auga: “A intención é arrancar as obras este mesmo ano”

O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá Ares para informar das últimas novidades vencelladas co proxecto de mellora do sistema de abastecemento na vila, un investimento central para o municipio cun orzamento total de preto de 4,3 millóns de euros. O alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, recepcionou ó Presidente e enfatizou […]
Entrega de premios do DegustAres 2025 mañá, venres, 30 de maio

Mañá, venres, 30 de maio, a partir das 19:00 h., a Concellaría de Comercio organizará o acto de entrega de premios do DegustAres 2025! Despois do reconto das valoracións dos clientes participantes, desvelaranse no salón de actos da Alianza Aresana, con entrada libre ata completar aforo, os tres primeiros postos da ruta do pincho municipal, […]
O Concello súmase á campaña “Quere o teu Mercado 2025” para dinamizar o consumo de proximidade

A área de Comercio municipal incorporouse un ano máis a esta iniciativa que promociona e visibiliza a función destes espazos chaves para estimular socioeconomicamente as vilas. Esta mañá, en colaboración co CPI As Mirandas, programouse unha visita do alumnado de primaria do centro educativo ó mercado municipal aresán, e o vindeiro sábado, 31 de maio, […]
Luis Mera “Lucky” presenta o seu novo disco, Sereno y Aislado (El viaje del pirata), na Alianza Aresana

O músico e compositor afincado en Ares Luis Mera, Lucky, achegarase o vindeiro sábado, 31 de maio, ás 20:00 horas ata o salón de actos da Alianza Aresana para compartir coa veciñanza un momento especial: a presentación do seu último álbum titulado “Sereno y aislado (El viaje del pirata)”, no evento promovido pola Concellaría de […]
A aresá Susana Pedreira García álzase co premio do Concurso de Deseño de Carteis do Ares Indiano 2025

A súa composición gráfica será a imaxe identificativa da celebración, un cartel que procura reflectir as figuras icónicas do Ares Indiano, dende os coches de época a personaxes singulares ou elementos arquitectónicos como a Escola do Porto. A Concellaría de Cultura desvelou hoxe tanto o fallo como o deseño gañador entre as propostas presentadas. […]
Punto limpo móbil instalado en Pedrós

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Pedrós durante toda esta semana para a recollida de residuos especiais! Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.
Ares despide a Copa de España Montefaro Enduro Race 2025

A localidade puxo o punto e final ó campeonato nacional da Montefaro Enduro Race 2025, a Copa de España que se celebrou durante esta fin de semana na contorna de Ares coa súa paisaxe coma protagonista. Unha edición que rematou coa victoria de Marco Veiga na categoría masculina e Marta Jordán na feminina. Así, máis […]
Julio Emilio Marco Franco fai viaxar á veciñanza até a Galicia do século XV

O pasado venres, 23 de maio, o salón de actos da Alianza Aresana acolleu a presentación de Caaveiro, a primeira novela do médico xubilado e doutor en Economía Julio Emilio Marco Franco, dentro da programación do Concello. Acompañado pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, o escritor mergullouse nas intrigas políticas e familiares da Casa dos […]
Punto limpo móbil do Concello instalado en Lubre

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado en Lubre, na contorna da igrexa románica, e permanecerá alí o que queda de semana. Lembra que podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.