Ares celebra o Día de Rosalía con tres propostas culturais na Biblioteca Municipal

Tras o Entroido, a programación cultural do Concello neste mes de febrero volve mirar cara unha das figurais esenciais na literatura galega, co gallo da conmemoración do Día de Rosalía 2026, unha efémeride que lembra a trascendencia de Rosalía de Castro no que é Galicia na actualidade e, ao mesmo tempo, tamén celebra o seu […]

Nova ubicación para o Entroido 2026 en Ares: o pavilllón polideportivo

Por mor das condicións climatolóxicas previstas para mañá, 18 de febreiro, a actividade do Entroido trasládase ao pavillón polideportivo, mantendo a súa hora de organización (17:00 h.). Achégate mañá a pasalo ben con inchables, obradoiros de máscaras e pintacaras, un touro mecánico, chocolate quentiño e orellas… Colaboran Protección Civil de Ares e a Sociedad cultural […]

Puntos limpos móbiles instalados no Porto e Seselle

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas do Porto (Praza da Igrexa) e Seselle para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DO PORTO (Praza da Igrexa) Podes depositar: ✅ Pilas […]

‘Rotspanier’, de Juan Galán: unha ollada rigorosa ao exilio republicano galego

A presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés (1939–1945) reuniu este venres pasado á veciñanza no salón de actos da Alianza Aresana para achegarse á última obra do veciño escritor Juan Galán, que desta volta publica o que é o seu primeiro traballo de investigación histórica. En conversa coa concelleira de Cultura, Alma […]

A recollida de enseres e voluminosos trasládase á xornada do xoves

Por mor do festivo local que se celebra este vindeiro mércores, 18 de febreiro, o servizo de recollida de enseres e voluminosos previsto para esa data aprazarase até o xoves, 19. A veciñanza pode depositar os seus enseres e voluminosos a última hora do día previo nos puntos designados a tal uso. Grazas pola súa […]

Aviso por fenómeno metereolóxico adverso: COSTEIROS de nivel laranxa

 Continúan os fenómenos metereolóxicos adversos destes últimos días, como se informa no último boletín da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) cun episodio de nivel LARANXA 🟠 (Risco importante) por COSTEIROS que vai afectar a todo o litoral de Galicia dende as 17:00 h. de hoxe, 📅 13 de febreiro.   As previsións contemplan ventos do […]

O Concello impulsa o II Concurso de deseño do cartel do Ares Indiano

A institución local convida a deseñadores, artistas e creadores que residan en Galicia a remitir as súas propostas gráficas deste evento lúdico-cultural que se celebrará durante o verán na vila aresá. Contémplase un único premio de 600 euros, tendo como prazo até o 15 de maio, inclusive, para remitir un máximo de 2 deseños ao […]

Fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA: ventos no Noroeste da Coruña

 A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informou no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA 🟠 (Risco importante) por VENTOS que afectará ao Noroeste da Coruña dende a media mañá de hoxe, 📅 11 de febreiro.   As previsións contemplan refachos fortes que poden acadar ata os 100 km/h.   Prégase tomar medidas […]