Ares afondou na narrativa psicolóxica de Javier Varela e a súa obra ‘Luces en la tormenta’

Comparte esta nota de prensa

O escritor Javier Varela, afincado en Ferrol, compartiu coa veciñanza aresá unha conversa arredor do seu conxunto de relatos que exploran crises persoais, procesos emocionais e esas pequenas guías que ás veces aparecen nos momentos máis difíciles da vida, inscritos todos eles na súa obra Luces en la tormenta.

A presentación, conducida pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, permitiu descubrir as claves dunha obra que sitúa ás persoas protagonistas ao bordo do abismo, mais tamén da transformación persoal e da esperanza.

Un encontro cultural celebrado na Alianza Aresana o venres pasado para entender o proceso creativo de Javier Varela á hora de configurar nove personaxes, con nove crises transformadoras nas que atopan faros para saír da escuridade máis densa.

 

Pódeche interesar