O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede de abastacemento, quedará cortada a subministración de auga nas seguintes rúas:

  • Estrada Ares – Redes desde o Alto da Pena ao cruce de Seselle;
  • Seselle;
  • Praia de Seselle;
  • O Raso, desde o cruce de Carballás ata o Cercado Alto;
  • Barracido;
  • Rodelas;
  • Urbanización Mariña do Pombal.

 

Mañá, venres, 15 de novembro.

En horario de 9:00 h. ata fin da reparación.

Restablecerase o servizo tan pronto como remate a intervención. Desculpen as molestias que lle poidan ocasionar.