Axudas Económicas para Agasallos de Nadal 2025 – Concello de Ares

Comparte este evento

Concellaría de Igualdade e Benestar de Ares pon en marcha a campaña de Axudas Económicas para Agasallos de Nadal 2025, destinada a apoiar ás familias con menores ao seu cargo que necesiten colaboración para adquirir agasallos estas festas.

Quen pode solicitar a axuda:

  • Familias empadroadas en Ares con alomenos 6 meses de antigüidade no municipio.

  • Con menores ao seu cargo que non teñan cumpridos os 17 anos na festividade de Reis de 2026.

Contía da axuda:

  • 60 € por menor ao seu cargo.

  • Os fondos deben destinarse á compra de xoguetes, libros, CDs, roupa, artigos deportivos ou dispositivos relacionados coas novas tecnoloxías.

Prioridade:

  • Teranse en conta os ingresos económicos da familia.

  • Prioridade para aquelas familias en situación de vulnerabilidade económica, segundo os baremos das bases reguladoras da campaña.

Prazo de solicitude:

  • Desde hoxe, 20 de novembro, ata o 12 de decembro de 2025, ambos inclusive.

  • A documentación debe presentarse no Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza da Constitución, Ares.

Xustificación da axuda:

  • Tras a tempada do Nadal, as familias deberán presentar os recibos de compra no Departamento de Servizos Sociais do Concello entre o 8 e o 31 de xaneiro de 2026.

Información adicional:

  • Para máis detalles sobre os procedementos e requisitos, contactar co Departamento de Servizos Sociais no 689 24 25 96.

BASES EN PDF: 2025-Campaña Agasallos de Nadal Concello de Ares

RESOLUCIÓN ALCALDÍA Concesión axuda de emerxencia social EN PDF

 

Pódeche interesar...

Actividades Municipais

SendAres 2026-2027

Tempada I: de outono a primavera Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo. INSCRICIÓN RUTA 1: Senda dos Cerqueiros e mirador da

Eventos

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026

24 de Outubro ENLACE INCRICIÓN NO OBRADOIRO DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026: https://forms.gle/HXYYMohroXiL4sTs5 Programación de Actividades Martes, 20 Outubro Actividade: Obradoiros Grupo 1: Idades: De 3