JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

Infórmase aos usuarios do Servizo Municipal de Augas que o MARTES 20 e o MÉRCORES 21 de decembro procederase á interrupción temporal do subministro de auga potable na poboación de CHANTEIRO, desde as 9.00 horas ata as 13.00 horas, para levar a cabo os traballos de conexión das novas tubaxes instaladas con motivo das obras na estrada.

Por parte do noso Servizo, procederase a restablecer o subministro tan pronto como sexa posible. Lémbrase, para ter en conta, que nestes casos é habitual que nas horas seguintes á reposición a auga poida presentar algo de tubidez.

Pregamos desculpen as molestias.

O alcalde,

Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo