JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

Que con motivo da realización da obra de “Camiños Escolares Seguros”, procederase ao corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos, no tramo que comprende dende a Porta do Sol ata a avenida de Mugardos.

Dito corte estaba previsto dende hoxe mércores, 31 de maio, mais por motivos de planificación, o corte realizarase a partir de maña, XOVES 1 DE XUÑO, ata a finalización dos traballos. Neste tramo a entrada e saída dos garaxes poderase realizar con normalidade. O restablecemento do tráfico efectuarase tan pronto como sexa posible.

Así mesmo, infórmase de que con motivo da execución desta obra nos próximos días haberá restricións no estacionamento de vehículos na subida da avenida Celso Emilio Ferreiro.

Tanto o  corte indicado como as vías alternativas e calqueira outro cambio que se poidera producir estarán debidamente sinalizados.

Agradecemos a súa comprensión e colaboración.

Ares, 31 de maio de 2023

O alcalde,

Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo