Convocatoria de bases para a selección de 4 Auxiliares de Policía Local do Concello de Ares
ANUNCIO.
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE (4) AUXILIARES DE POLICIA LOCAL. DO CONCELLO DE ARES
Aprobadas as Bases e a convocatoria para a selección de catro (4) Auxiliares da Policía Local para o Concello de Ares por acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada en data 13/05/2025, por medio do presente faise pública dita convocatoria, aos efectos oportunos:
“CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICIA LOCAL. BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE CATRO (4) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL”
1.-Obxeto da convocatoria.
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de catro (4) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 4/2007 de coordinación de Policías locais de Galicia, Decreto15/2023, de 12 de xaneiro, polo que se desenrola a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, e a Orden de 28 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna, e movilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e da contratación de auxiliares da policía de tempada, manterá a súa vixencia nas materias que non se opoñan ó disposto neste decreto, e mentras non se publiquen no Diario Oficial de Galicia as disposicións necesarias para adaptala ás previsións do Decreto 15/2023, de 28 de xaneiro.