Asunto: BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEÓNS

Á vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 13, do 19 de xaneiro de 2023, no que se publica a Resolución número 2023/39428 de 17/01/2023, pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais durante o exercizo 2023 (Liña1-PEL-CONCELLOS 2023), coa concesión ao Concello de Ares dunha subvención de 43.000 €  “Obxecto: Programa de integración laboral” e en base aos preceptos legais aplicables, en especial, a Lei 7.1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei5/1997 de 22 de xullo e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, veño en aprobar as seguintes bases que teñen por obxecto a selección que nas mesmas se contempla.

RESOLVE:

Primeiro.- Aprobar as Bases específicas para a contratación laboral temporal de 4 Peóns a xornada completa  que son as que a continuación se transcriben.

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEÓNS

Primeira.- Obxecto

Ó abeiro da subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña para Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais, ten por obxecto a contratación de 4 peóns a xornada completa por un período de 4  meses.

Segunda.- Selección 

A selección terá lugar entre as persoas candidatas que se presenten ao proceso de selección mediante convocatoria pública publicada mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación.

No proceso selectivo, valorarase como mérito rematar favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas. A tal fin, terán que aplicar o previsto na lexislación vixente sobre a protección e fomento do emprego do persoal en risco de exclusión social, á que se fai referencia o punto seguinte de estas bases.

Terceira.- Requisitos do persoal para contratar.

As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

  1.  Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
  2.  Persoas maiores de 45 anos.
  3.  Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
  4.  Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.
  5.  Persoas en situación de drogodependencia.
  6.  Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
  7.  Persoas con fogar monoparental.
  8.  Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
  9.  Persoas vítimas de violencia de xénero.
  10.  Persoas sen fogar.

Cuarta.- Actividades a realizar polo persoal contratado.

O persoal contratado deberá realizar, exclusivamente, actividades relacionadas cos seguintes servizos mínimos previstos no artigo 26 da Lei 7/1985:

  1. En todos os municipios: alumeado público, cemiterio, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros, acceso aos núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas.
  2. Nos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes, ademais: parque público, biblioteca pública e tratamento de residuos.

Así mesmo, poderán executar pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos. O persoal contratado non poderá asignarse a actividades que xa estean subvencionadas noutros plans, programas ou convocatorias de subvencións da Deputación para o exercicio 2023 ou anteriores.

Quinta.-  Composición comisión seleccionadora.

A Composición da Comisión Seleccionadora se determinará por Resolución da Alcaldía no momento de publicación do listaxe definitivo de aspirantes ao posto. A dita Comisión Seleccionadora, tendo en conta os criterios establecidos no punto terceiro de estas bases, efectuará unha entrevista coas persoas aspirantes a efectos de levar a cabo a selección, propoñendo na súa virtude as persoas aspirantes aprobadas así como unha relación de suplentes por orde de puntuación.

Sexta.- Presentación de solicitudes.

Os aspirantes disporán dun prazo de 5 días naturais contados desde o seguinte día da  publicación da convocatoria nun xornal dos de maior tirada da comarca.

BASES en pdf