CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2023

Comparte este evento

DATA: Do 2 de  xullo  ao 28 de xullo

LUGAR: IES ROSALÍA MERA (rúa Archer Milton Huntington, 24. A Coruña)

IDADE: A rapaces/zas de entre 9 e 14 anos xa cumpridos (Nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014)

INSCRICIÓNS: no teu concello de empadroamento da provincia da Coruña,

PRAZO LIMITE DE INSCRICIÓN: 7 de xuño

FOLLA DE INSCRICIÓN en pdf

 

SEDE CAMPAMENTO

IES Rosalía Mera, Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA).

DURACIÓN

Dende o domingo (chegada para cear), ata o venres seguinte (saída tralo almorzo).

QUENDAS

1ª QUENDA: do 2 de xullo ao 7 de xullo  2ª QUENDA: do 9 de xullo ao 14 de xullo 3ª QUENDA: do 16 de xullo ao 21 de xullo 4ª QUENDA: do 23 de xullo ao 28 de  xullo

SAÍDA

O domingo pola tarde entre as 18.00 horas e as 19.30 horas no centro Rosalía Mera.

REGRESO

O venres seguinte, entre as 16.00 horas e as 17.00 horas.

COTA DE INSCRICIÓN

85 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a intereado/a obteña a praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “verán”, Concello, nome e apelidos do  participante.

As cotas ingresadas non se devolverán.

O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE

Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades   programadas.

DOCUMENTACIÓN

Para a formalización a inscrición, debes entregar no teu Concello:

1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor

2.- Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia. 3.- Copia do aboamento da cota de inscrición. (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)

4.- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimen- tario ou doutro tipo.

EQUIPO RECOMENDADO

Roupa de rúa (pantalóns, camisas)

  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

MATERIAL

O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

INSCRICIÓNS

No teu concello, antes do 7 de xuño de 2023.

Tendo preferencia os rapaces que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. (Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición). Remitirase a listaxe por parte dos concellos á Deputación vía correo electrónico a gabinete.deportes@dacoruna.gal, e tamén por Rexistro Xeral.

Concellos por quenda

1ª QUENDA (do 2 de xullo ao 7 de xullo)

Abegondo, Ares, Betanzos, Cabanas, Capela A, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, lrixoa, Mañon, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Paderne, Pondedeume, Pontes As, San Sadurniño, Somozas As, Valdoviño, Vilarmaior.

2ª QUENDA (do 9 de xullo ao 14 de xullo)

Aranga, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Pino O, Oleiros, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar.

3ª QUENDA (do 16 de xullo ao 21 de xullo)

Ames, Baña A, Boiro, Boqueixón, Brión, Dodro, Lousame, Negreira, Noia, Padrón, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Vedra.

4ª QUENDA (do 23 de xullo ao 28 de xullo)

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Coruña A, Dumbría, Fisterra, Laracha A, Laxe, Malpica de bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Outes, Ponteceso, Santa Comba,

 

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

MÉRCORES, 4 DE DECEMBRO ILUMINA OS TEUS DESEXOS Ponte da Ciscada, 17:30 horas. Acendido da árbore e do alumeado de Nadal.   XOVES, 12 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN