LUGAR
Valgrande-Pajares (Asturias)
ALOXAMENTO
Albergues a pé de pista na Estación invernal de Valgrande-Pajares.
DURACIÓN
De venres 24 de xaneiro a luns 27 de xaneiro.
REGRESO
Luns, despois do almorzo.
DESTINATARIOS
Rapazada empadroada nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terá preferencia a rapazada que non realizase ningunha campaña de neve da Deputación.
COTA DE INSCRICIÓN
85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará no portal da Deputación da Coruña, facendo constar o nome da participante, Concello e “Campaña de neve 2025”.
INCLÚE
Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores,
clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
DOCUMENTACIÓN
Para a formalización da solicitude de inscrición, debes entregar no teu Concello:
a) PRIMEIRO PRAZO
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da participante.
- Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
b) SEGUNDO PRAZO: unha vez sexa confirmada a súa praza polo teu Concello.
4. Copia de aboamento da cota de inscrición, tras ser publicado o número de conta no portal da Deputación de Coruña.
5. No caso de que a participante estivese a tratamento, ou padecese doenza, intolerancia alimentaria ou alerxia que deban ser ter tidas en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativa e documento de autorización de medicación.
EQUIPO
- Gorro.
- Guantes.
- Gafas de esquí e de sol.
- Anorak térmico.
- Pantalón impermeable ou similar.
- Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
- Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
- Chuvasqueiro.
- Mochila pequena.
- Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
- Pixama, roupa interior.
- Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.
- Calzado impermeable para a realización de actividades de neve.
IMPORTANTE
O material propio da actividade deportiva entregaráselle a cada participante durante a celebración da Campaña de neve.
A maiores, tamén existe a posibilidade de facer o trámite de maneira telemática, cubrindo o impreso existente na web municipal (PDF editable) e remitíndoo ao correo deportes@concellodeares.com.