BASES I EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA CURTA “ALEN” CONCELLO DE ARES

Comparte este evento

BASES DA CONVOCATORIA 2022 /2023

  1. As bases reguladoras deste premio foron aprobadas na Xunta de Goberno municipal do Concello de Ares o 09.11.2022 e publicadas no BOP da Coruña do 17 de novembro de 2022
  2. Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia. Os/as participantes atoparanse ao corrente das súas obrigas tributarías e coa Seguridade Social, e non estarán incursos en ningunha das exclusións previstas no artigo 13 da Leí 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. A concesión efectuarase mediante un réxime de concorrencia competitiva.
  3. Cada participante poderá presentar un único traballo en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e mor- folóxica aprobada pola RAG en 2003), orixinal e inédito, e nel aparecerá recollida a emigración galega preferentemente de alen mar, aínda que poderá referirse á de calquera outra lugar do mundo. Non é necesario que a novela teña como eixe a emigración, pero si que deberá formar parte da trama ou da vida dalgún dos seus personaxes.
  4. A obra, cunha extensión mínima de 80.000 e máxima de 140.000 caracteres con espazos,  presentarase  por  triplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara (tipo de letra Times New Román, tamaño 12), debidamente grampados ou encademados co título e pseudónimo, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do/a autor/a. Deberá ademáis necesariamente incorporar un CD ou pendrive co arquivo dixital do texto en formato OpenOffice, Word, ou similar.
  5. A plica, en sobre á parte co título e o pseudónimo no exterior, deberá conter no seu interior os datos do autor/a e fotocopia do documento de identificación (DNI/ Pasaporte), así como unha declaración xurada de aceptación das bases do certame e de que a obra presentada é orixinal do/a autor/a e inédita.
  6. O prazo de admisión dos orixinais comezara ao día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP da Coruña e rematará o 15 de maio de 2023 — incluido—.
  7. Os traballos, citando “I Premio Novela Curta Alen” Concello de Ares, remitiranse a: Concello de Ares, Rexistro Xeral. Á/a da Área de Cultura, Saavedra Meneses, 12,15624 Ares, A Coruña. España.
  8. Para a concesión do premio valorarase a calidade da escritura, a técnica literaria empregada e a orixinalidade, entre outros aspectos.
  9. Establécese un Primeiro e Único premio de 2.000,00 €, diploma conmemorativo e publicación da obra, que será realizada por Hércules de O importe do premio estará suxeito ás retencións establecidas pola lexislación vixente.
  10. O/A autor/a terá que recoller persoalmente o premio na data, lugar e hora que sinale a organización do certame. A non asistencia, ou delegación sen que estea debidamente xustificada por causa maior, suporá a renuncia a este.
  11. 0 xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que non quedará deserto. Estará composto  por persoas de recoñecido prestixio e emitirá publicamente o seu veredicto no mes de xuño de 2023. A decisión do xurado proporase á Xunta de goberno municipal de Ares, órgano que tomará acordo e cuxa resolución porá fin á vía administrativa.  A presentación a este concurso non xera dereito ningún ata a decisión do xurado e a aprobación pola Xunta de goberno municipal.
  12. O acto de entrega e a presentación do libro terán lugar na segunda quincena do mes de agosto de 2023, no marco do evento cultural Ares Indiano, do cal se dará conta aos medios de comunicación.
  13. Os traballos non premiados serán destruídos trinta días despois do veredicto, polo que a súa reclamación farase persoalmente no Concello de Ares durante ese prazo. Non se mantera comunicación cos participantes, agás co autor/a da obra premiada.
  14. O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das devanditas bases.

BASES en pdf

Pódeche interesar...

Avisos

OBRADOIROS DE PASCUA NA BIBLIOTECA

Procura de oviños Venres 22: nenxs de 7 a 12 anos hora 20:00h Luns 25: nenxs de 3 a 6 anos hora: 20:00h Inscricións: https://forms.gle/S26B9bRHpKB3a8at9