Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta

2024-Campus de Veran Fundacion Celta de VIGO-ARES-1

Comparte este evento

Os campus que recalarán en Ares prolongaranse durante dúas semanas: primeiro será a quenda do evento tradicional, do 15 ao 19 de xullo, e posteriormente haberá unha modalidade específica para porteiros no marco do Campus Sergio Álvarez do 22 ao 26 de xullo, unha novidade que expón o espírito de mellora do evento ao longo dos últimos anos na contorna aresá.

As xornadas desenvolveranse en horario matutino, de 9:45 h. ata as 13:45 h., cun equipo de monitores do club de Vigo encargado de guiar aos nenos e nenas na súa mellora técnica, mais tamén empregando metodoloxías de formación lúdico-educativas e fomentando o compañeirismo e a construción dun ambiente estimulante para todos.

Pódeche interesar...

Eventos

Xornada sobre violencia de xénero 2026

O Concello de Ares organiza este mes de decembro unha xornada de reflexión, formación e sensibilización aberta á participación, centrada na resposta ante as violencias

Eventos

Concerto Día do Músico 2026

Data: Sábado, 21 de novembro de 2026 Hora: 17:30 h Lugar: Casino Aresano (Ares) Actuacións: Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo). Rondalla de Cariño. Coro