Candido Pazó chega mañá en Ares para celebrar o Día do Orgullo Neofalante

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana contará mañá sábado, 1 de outubro, data oficial de homenaxe ao neofalantismo, co espectáculo de Cándido Pazó “Botando a lingua a pastar”.

O recoñecido narrador e actor ofrecerá ás 19.30 un monólogo no que mestura contos de tradición oral con historias propias, unha actuación aberta a todo o público que tamén inclúe comentarios sobre a lingua galega desde unha perspectiva de humor e empatía.

INICIATIVAS CO FOCO POSTO NA MOCIDADE

A maiores, dentro da programación que se organiza no municipio con motivo do Día do Orgullo Neofalante, impulsada pola área de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, a próxima semana estará centrada na mocidade, con actividades que inclúen a exposición itinerante “Cantámola” no CPI As Mirandas e a actuación de MJ Pérez na biblioteca municipal, destinada ao alumnado da ESO do centro educativo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local