“Cantando con Pinocho”, un espectáculo infantil para que os máis pequenos desfruten na Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

A actuación promoverase o mércores, 28 de decembro, ás 18:00 horas representando a aventura de Pinocho con música, acordeón e piano incluido, e facendo fincapé na importancia de perseguir os soños.

A Concellaría de Cultura de Ares programa un contacontos musicado no salón de actos da Alianza Aresana para que as familias poidan achegarse a unha versión da historia de Pinocho atractiva. Cristian Leggiero e Paty Lesta serán os artistas encargados de representar “Cantando con Pinocho” o próximo mércores, 28 de decembro (18:00 horas), con entrada libre ata completar o aforo.

Serán 40 minutos dunha actuación que narra unha emocionante aventura, chea de sensibilidade, sobre a liberdade e a importancia de loitar por cumprir un soño. A través do piano e o acordeón, cantarán cancións inéditas compostas para a versión teatral de Pinocho e contarán valiosas leccións con música e diversión.

Toda unha oportunidade para escoitar un conto xa clásico por estas datas de Nadal!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado