
Durante a tarde de onte, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, acudiu á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a entidade sen ánimo de lucro que atende a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, para encontrarse cos usuarios aresáns e falar da localidade.
Xunto á técnica turística deste verán, Griselda Ritrovati, descubriron onde viven os participantes e que recunchos de Ares son os seus preferidos. Tamén conversaron sobre










