Primeira ruta do SendAres completada!

O pasado sábado, os 25 senderistas que se uniron á aventura organizada polo programa municipal da Concellaría de Deportes, viaxaron ata as terras de Taramundi, en Asturias. Ao longo dunha ruta circular, exploraron un dos pobos con máis encantado da rexión asturiana, atravesando os seus bosques e admirando as fervenzas que se atopan no camiño. […]
O Concello e a Deputación da Coruña Firman o Convenio co que se poñerá fin aos problemas da Auga en Ares

O alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias Redondo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso asinaron no día de hoxe o convenio de colaboración polo que a entidade provincial achegará 1,7 millóns de euros para mellorar o sistema de abastecemento de auga do municipio. O orzamento total do proxecto elévase ata […]
Resultado das probas para a creacción dunha Bolsa de Emprego de Oficial de 1ª do Servicio Municipal de Augas.

APROBADOS. 1.- D. JORGE TOMAS GARCIA DIESTE: 10,5 PUNTOS. 2.- D. EDUARDO PIÑON GIRALDEZ: 6 PUNTOS. ARES, 30 DE SETEMBRO DE 2023 . O PRESIDENTE DO TRIBUNAL, ANUNCIO en pdf
O Obradoiro de Emprego Reinicia IX concluíu a súa actividade cun evento de clausura que tivo lugar esta mañá

Nesta cerimonia, os representantes dos concellos participantes, xunto con responsables da Xunta de Galicia, outorgaron diplomas aos alumnos-traballadores. Os municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos deron por terminado oficialmente o noveno taller de emprego Reinicia. O acto tivo lugar na sede das Alianzas Aresanas e contou coa presenza dos alcaldes e concelleiros das localidades […]
María Rivas felicita ao persoal da Biblioteca Municipal de Ares polo seu traballo na promoción da lectura, tras ser recoñecida por sexta vez co Premio María Moliner

A subdelegada puxo en valor o labor de Caridade Nieto, Beatriz Martínez e María Serrano, que desenvolveron un programa de actividades atractivo para promover novos hábitos de lectura na veciñanza de todas as idades do municipio María Rivas destacou que a iniciativa da Biblioteca Municipal de Ares forma parte dos 370 proxectos premiados en España […]
O CPI As Mirandas celebra o Día do Orgullo Neofalante cun taller de creación de podcast sobre a música en galego

O taller levarase a cabo en dúas sesións, a primeira das cales tivo lugar esta mesma mañá Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, coa colaboración do CPI As Mirandas, forma parte das actividades planificadas para conmemorar o Día do Orgullo Neofalante, que oficialmente se celebra o […]
Mañá, ás 20.30 horas, a Alianza Aresana acollerá un monólogo da famosa tiktoker galega Leticia Mirás, coñecida como Leti da Taberna

A polifacética narradora ofrecerá o seu espectáculo “Enredada”, co seu particular estilo e visión humorística dos temas actuais e cotiáns. Esta actuación forma parte das actividades programadas con motivo do Día do Orgullo Neofalante, que organizou a Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.
Queres probar o tenis de mesa?

A Concellería de Deportes organizou unha xornada de promoción deste deporte, especialmente dirixida aos estudantes do CPI As Mirandas. O evento levarase a cabo este venres 29, desde as 16:30 ata as 19:30 horas, nas instalacións do pavillón deportivo. Ademais, debido ao gran interese nesta actividade, a Concellería de Deportes decidiu planificar unha segunda xornada […]
O Concello anuncia a apertura do período de inscrición para a Segunda Ruta do Sendares 2023-2024

Nesta ocasión, a iniciativa municipal levaranos ás Penas de Traba en Laxe, cun traxecto de 16 quilómetros, co foco posto en explorar a beleza da paisaxe e a cultura local. A partir de mañá, xoves 28 de outubro, ás 18:00 horas, as persoas interesadas poderán inscribirse nesta nova aventura, con 25 prazas dispoñibles e un […]
Ares sumarase unha vez máis á iniciativa de limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA

A Agrupación Instrutiva de Caamouco únese á súa convocatoria coa colaboración do Concello para levar a cabo a limpeza da praia de Area Morta en Redes. O propósito desta acción é concienciar sobre o impacto do lixo no mar e as praias de Galicia. A actividade está programada para o sábado 7 de outubro, e […]
Ares celebrará o Día do Orgullo Neofalante cunha programación destinada á mocidade e adultos

O xoves 28 de setembro, levarase a cabo un taller de creación de podcasts sobre música en galego dirixido aos estudantes do CPI As Mirandas. Ademais, o venres 29, Leticia Mirás, coñecida como Leti da Taberna, presentarase na Alianza Aresana co seu monólogo titulado “Enredada”. A Concellería de Cultura, en colaboración co Servizo de Normalización […]
Listaxe de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal laboral como Oficial De 1ª do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL LABORAL COMO OFICIAL DE 1ª DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA no Diario de Ferrol o 19/09/2023 e rematado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte […]