O Concello adxudica as obras para a renovación do patio da Escolas do Lago

Mentres as obras no segundo edificio das Escolas do Lago avanzan a bo ritmo, o Concello vén de dar un paso definitivo na rehabilitación de todo o conxunto, tras a recente adxudicación das obras coas que se renovará o seu patio. A intervención permitirá o empedrado do chan do recinto exterior, e tamén do caleixón […]

O “ConciliAres” pon fin á súa programación lúdico-educativa do mes de xullo e prosegue coas súas actividades durante todo o mes de agosto!

O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Benestar, o ConciliAres, encarou onte a súa última xornada de actividade correspondente ao peche de xullo, e estrénase hoxe nas actividades que desenvolverá durante todo o mes de agosto. Así, nesta nova etapa, continuarase ofrecendo unha variada programación centrada na diversión, pero sempre desde unha […]

O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na súa nova localización semanal: Cortiñas Gil.

Durante toda esta semana, estará dispoñible nesta localización para os veciños e veciñas que desexen desfacerse de pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado de maneira adecuada. Tras isto, o punto limpo trasladarase á súa próxima parada, no núcleo urbano de Redes. Aproveita esta oportunidade para contribuír ao coidado do medio ambiente e […]

O Concello adxudica a renovación do Parque Infantil do Porto en Ares

A área municipal de Urbanismo informou hoxe sobre a adxucación da obra para a dotación dun parque infantil completamente novo que substituirá ao existente na zona do Porto, no núcleo urbano da localidade. A concelleira Olimpia Marcos comunicou a finalización do procedemento de contratación, que dará paso ao próximo inicio dos traballos. A actuación que […]

Últimos días para inscribirse na XXXI edición da Milla Urbana!

A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 1 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY A XXXI Milla Urbana Concello de Ares, é unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación […]