O SendAres percorre a impresionante costa de Dexo-Serantes

Este pasado domingo, os participantes da cuarta ruta do SendAres 25-26 gozaron dun percorrido moi mariñeiro entre Seixo Branco e Lorbé, un itinerario fondamente marcado pola morfoloxía litoral.A ruta discorreu polos cantís e sendeiros do Monumento Natural de Dexo-Serantes, un espazo protexido de grande valor natural e no que cobra especial relevancia o Seixo Branco, […]
Ares pecha con éxito a IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle

O pavillón polideportivo municipal converteuse esta fin de semana no escenario da última xornada da Liga Galega de Patinaxe Freestyle, unha cita decisiva que serviu para definir o campionato, finalmente conquistado polo club Alquimia Inline, organizador da proba. Durante toda a xornada do sábado, Ares gozou dun bo ambiente con patinadores e patinadoras amosando as súas destrezas […]
A Academia AresXSaúde principia con gran acollida abordando a xestión emocional

A veciñanza encheu o salón de actos da Alianza Aresana na primeira sesión da nova edición da Academia AresXSaúde, o programa municipal pensado para introducir hábitos saudables e ferramentas prácticas de benestar no día a día. O psicólogo José Barcia Tuccelli guiou unha charla divulgativa centrada na importancia de coñecer, identificar e regular as emocións, afondando tamén no papel do mindfulness como aliado […]
Ares xa ten o seu calendario municipal para o 2026

Despois de fallar o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza o novo almanaque coas instantáneas dos rapaces e rapazas tanto gañadores coma finalistas. Este venres pasado a Alianza Aresana acolleu o acto de entrega de premios do IX Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, un evento que […]
‘Mugardos, lugar dos silencios’, un exercicio de memoria a través do xénero documental

A Alianza Aresana acolleu onte a proxección do documental dirixido por Vera Varela, ‘Mugardos, lugar dos silencios’, unha peza audiovisual que narra o acontecido durante a dictadura franquista na vila mugardesa e os seus arredores, no marco do acto programado pola Concellaría de Cultura de Ares. A curtametraxe sacou á luz a represión vivida naquel […]
Servizos Sociais de Ares impulsa a campaña das Axudas Económicas para Agasallos de Nadal

Poderán concorrer a esta liña de apoio todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e que conten cun menor beneficiario que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis. Os solicitantes poderán presentar a documentación dende hoxe, 20 de novembro, ata o 12 de decembro, […]
A novena edición do Campus Chiquibásquet de Nadal chegará ao municipio a finais de decembro

A iniciativa dirixida por Chiqui Barros xa ten as súas inscricións abertas, habilitando 20 prazas para as persoas interesadas. O Campus realizarase do 22 ao 24 de decembro en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 h,. e vén a complementar a oferta de mellora baloncestística que o propio Barros dirixe cada verán en Ares. […]
Ares contará con dúas actuacións de rondallas para celebrar o Día do Músico

As rondallas de Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda estarán o próximo domingo, 23 de novembro, no Casino Aresano para celebrar o Día do Músico 2025. Os espectáculos musicais das dúas agrupacións, programados pola Concellaría de Cultura, comezarán a partir das 18:30 h. e servirán coma conmemoración dunha data que rende homenaxe […]
O Concello publica o novo itinerario dos puntos limpos móbiles municipais

Coa posta en marcha do segundo vehículo que vén de ser adquirido recentemente para a flota municipal, o servizo itinerante que leva os puntos limpos móbiles ás parroquias e núcleos rurais de Ares incrementa a súa frecuencia de estacionamento. Así, o servizo de recollida estará a disposición da veciñanza máis asiduamente, dividindo a recollida de […]
Verónica Rodríguez Martínez: un novo motivo de orgullo para Ares

A veciña aresá Verónica Rodríguez Martínez sumou este mes de novembro un novo recoñecemento na súa traxectoria académica: vén de recibir o Premio Fin de Carreira 2023/2024 polo seu expediente académico no Grao en Filosofía, sendo unha das 100 mellores estudantes de todo o sistema universitario galego. Este recoñecemento galardoa a excelencia de Verónica nos […]
Adxudicadas as obras para a mellora do sistema de abastecemento de Ares

A Xunta, a través da entidade pública de Augas de Galicia, vén de anunciar nesta pasada fin de semana a adxudicación dos traballos de mellora do sistema de abastecemento en Ares, un proxecto deseñado para rematar cos problemas de auga na vila cun investimento total de 4,3 millóns de euros, incluído neste importe final a […]
O Concello organiza a primeira charla divulgativa da Academia AresXSaúde

‘Xestión emocional: mellora o teu día a día coñecendo as túas emocións’ é o título desta sesión dirixida por José Barcia Tuccelli, psicólogo e licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deportes. Será o vindeiro 21 de novembro ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana. As Concellarías de Deportes e Igualdade […]