O Banco de Alimentos Rías Altas precisa de voluntarios/as en Ares para a súa recollida solidaria

Durante as xornadas do 7 e 8 de novembro, o Banco de Alimentos Rías Altas organizará unha recollida solidaria en Autoservicios Familia e Supermercados Froiz da nosa vila. Con todo, dende o Banco de Alimentos veñen de solicitar axuda: necesitan voluntarios e voluntarias que axuden a coordinar a recollida nos dous supermercados. Os interesados poden […]
Ares énchese de cultura e deporte neste último trimestre do ano

Os meses que restan deste 2025 chegarán á vila cunha axenda chea de actividades para todos os públicos: espectáculos musicais, actividades deportivas, eventos polo Nadal, obradoiros na Biblioteca Municipal de Ares… e moito máis! Se queres saber máis do programa municipal, consulta o calendario que deixamos aquí embaixo e vai marcando as propostas que máis […]
O Concello remata coa instalación do equipo de bombeo no aparcadoiro da Reitoral

A área de Urbanismo vén de informar da finalización das obras que se estaban a executar no aparcadoiro da Reitoral de Ares, no seu núcleo urbano, destinadas a incorporar un equipo de bombeo para a recollida de augas pluviais. Durante estas últimas semanas, os operarios instalaron dúas electrobombas somerxibles, xunto cunha tubería de impulsión de […]
O Concello incorpora 4 novos minipuntos limpos no termo municipal

Este novo mobiliario xa está operativo en Chanteiro, Redes, Cervás e Lubre, promovendo unha mellora das opcións de reciclaxe e tratamento de residuos tamén nos núcleos das parroquias. Con eles, a rede de minipuntos limpos fixos elévase ata 7, ao que se lle suma o móbil, que leva un percorrido itinerante ao longo do ano […]
Miguel Carretero Rivas: un orgullo aresán no jiu-jitsu

O noso veciño Miguel, pertencente ao club de Ares Ártabros Team, colleitou nestes últimos meses sendos recoñecementos deportivos: acadou catro pódiums en dúas competicións de brazilian jiu-jitsu (BJJ) a nivel galego e europeo, levando o nome da vila por todo o territorio nacional. Primeiro participou na Galicia CUP BJJ 2025 celebrada o 13 de setembro […]
Ares propón un Magosto e Samaín familiares na pista cuberta do CPI As Mirandas

Todo listo para celebrar o Samaín e Magosto municipais na localidade aresá. Así o anunciou a Concellaría de Cultura, que desvelou as propostas desenvoltas dende o Concello para o vindeiro 9 de novembro ás 17:00 horas. A pista cuberta do CPI As Mirandas acollerá un abano de actividades destinadas ós pequenos e pequenas e ás […]
A Alianza Aresana acollerá o relatorio ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’

O licenciado en Filosofía e tamén mestre de escola Juan Sanjurjo estará o vindeiro 6 de novembro, a partir das 19:30 h., no salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar publicamente arredor da sociedade de hoxe e a súa relación co eido político. Baixo o nome ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’, Sanjurjo debullará cuestións […]
Cambios no servizo de recollida de lixo en Ares mañá, 4 de novembro, pola celebración de San Martín de Porres

Mañá, 4 de novembro, non haberá servizo de recollida de lixo por parte da empresa responsable do tratamento dos residuos por mor da celebración de San Martín de Porres, patrón das persoas que traballan no sector da limpeza. Establécese un servizo mínimo de limpeza viaria de un (1) operario que realizará as tarefas de varrido […]
Punto limpo móbil instalado na contorna de Cortiñas Gil (03.11.2025)

O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser […]
Noite de ánimas coa Asociación Cultural O Rueiro

Lápidas, seres da noite, a Santa Compaña, esqueletos e bruxas… a Praza Alcalde José L. Lourido acolleu un sinfín de aparicións e moito movemento co Samaín que organizou, xunto co Concello, a nova Asociación Cultural O Rueiro. Entre a diversión e o terror, celebráronse obradoiros de cabazas e zonchos e unha particular rueirada polo camiño […]
Matemáticas escondidas no arredor, un obradoiro para descubrir a beleza da proporción áurea na nosa contorna máis próxima

Deseñado para persoas maiores de 20 anos, a sesión ten condición divulgativa e organizarase o vindeiro 19 de novembro ás 18:30 h. na Aula de Cultura da Rúa Zamborela. As inscricións abren hoxe de xeito telemático a través da web do Concello, www.concellodeares.gal. A segunda sesión do programa ‘Non remates coas mates’, unha proposta […]
O SendAres activa as inscricións para a cuarta ruta da tempada 25-26

Seixo Branco-Lorbé será o percorrido que realizarán os participantes durante a xornada do 23 de novembro, acompañados por unha paisaxe moi mariñeira. A reserva de praza abrirá hoxe a partir das 16:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados. A Concellaría de Deportes vén […]