Colle a axenda e toma nota para sumarte ás iniciativas da Concellaría de Cultura dos próximos días!

Mañá, sábado 3 de decembro ás 19:30 horas, tes a oportunidade de desfrutar do teatro da asociación sociocultural de Canido Muíño do Vento coa peza “Unha obra para un barrio”, escrita e dirixida por Agustín Bolaños. Será no salón de actos da Aianza Aresana. O luns, 5 de decembro ás 17:30, poderás darlle a benvida […]
Xa coñecemos aos gañadores do VI Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares!

O salón de actos da Alianza Aresana encheuse onte para entregar os premios do certame fotográfico organizado pola área de Cultura; unha iniciativa que serve para extraer as 6 instantáneas que forman parte do calendario municipal de 2023, presentado no mesmo acto. Así, de entre as aproximadamente 80 instantáneas que optaron ó concurso, o xurado […]
Hoxe mesmo, 1 de decembro, dá comezo o noso MercAres!!

Os locais xa teñen os seus carteis e os vales rascas, que os identificarán coma negocios adheridos a esta campaña que desexa promover o consumo de proximidade. Unha iniciativa que xa alcanza a súa terceira edición, promovida dende a Concellaría de Comercio, e que serve para… … apoiar ó pequeno comercio e hostalería de Ares, […]
Lista definitiva de admitidos e excluidos para a Praza Auxiliar Administrativo/a Intervención-Tesourería
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Publicado no Xornal Diario de Ferrol do día 14 de novembro do 2022 o extracto da convocatoria para a provisión da seguinte praza: 1 Auxiliar Administrativo/a de Intervención-Tesourería, contrato de sustitución temporal, Persoal Laboral polo sistema de Concurso-Oposición libre, e rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta Alcaldía, en uso das […]
Nova convocatoria do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade para mulleres desempregadas dos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de recibir da Xunta de Galicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Galicia. O organismo autonómico, xunto co Servizo Público de Emprego Estatal, financian esta convocatoria que vai dirixida a mulleres empadroadas nos concellos de Ares, Mugardos, Fene, Cabanas, Cedeira, Narón, Neda […]
Servizos Sociais pon en marcha as axudas económicas para os agasallos de Nadal 2022

Poderán concorrer a esta liña de apoio todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e que conten cun menor beneficiario que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis. Estableceranse uns baremos onde se terán en conta os ingresos das unidades familiares, co foco en […]
Ares pendurará os seus mellores desexos para o 2023 na árbore de Nadal na Ponte da Ciscada

É xa unha impronta que anuncia a proximidade do Nadal en Ares: as familias, cos máis pequenos e pequenas encabezando a actividade, achéganse ata a Ponte da Ciscada, no Parque Rosalía, para escribir os seus bos desexos de cara ao 2023 e penduralas nunha das árbores máis próximas. Esa é a proposta que a Concellaría […]
A peza teatral “Unha obra para un barrio” chega a Ares o próximo sábado

Ares, 29 de novembro de 2022. O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este 3 de decembro unha iniciativa programada pola Concellaría de Cultura para que a veciñanza do municipio poida arrancar o último mes do ano a través do teatro. Trátase da peza “Unha obra para un barrio”, escrita e dirixida por Agustín […]
O venres pasado, no marco da celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado do Reinicia IX recibiu unha formación da man do director, José Luis Castro Feijoo, e da avogada, María Dolores Castro González, do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares.

Na Alianza Aresana, o persoal do Concello afondou no funcionamento do CIM e na súa misión, que non é só traballar con vítimas de violencia de xénero, senón tamén brindar atención específica ás mulleres nos eidos xurídico, psicolóxico ou laboral, sempre dende a confidencialidade e a privacidade das consultas. Ademais, tamén falaron doutros servizos e […]
Durante a fin de semana pasada, o casino aresano converteuse no centro de xogo do XIV Open Concello de Ares de Dominó, enchéndose de xogadores deste evento organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da área municipal de Deportes.

A proba promoveuse ao longo da xornada do sábado e, no tocante á clasificación xeral por grupos, saldouse co equipo de Xabre A coma gañador, obtendo o primeiro posto. Noelia Montero, edil de Deportes, e Luis Cendán, en representación do Concello, formalizaron a entrega de premios e trasladaron os parabéns aos galardoados. Estas foron algunhas […]
Os concellos de Ares e Mugardos presentan a XVII Carreira Popular de Fin de Ano

O consistorio mugardés acolleu esta mesma mañá o acto oficial de presentación na que os representantes municipais desvelaron a data de organización do xa tradicional evento deportivo: será o domingo, 18 de decembro ás 11:00 horas. As inscricións poden realizarse ata o 13 de decembro telematicamente a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, no apartado adicado […]
Perdas de Auga na Rede de Abastecemento
En cumprimento do establecido na Disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, resulta necesario publicar a porcentaxe de perda de auga na rede de abastecemento do Concello de Ares: Año Porcentaje de pérdidas en la red […]