A Concellaría de Comercio vén de lembrar a licitación de 3 postos no mercado municipal, no marco de dinamización deste espazo chave para a oferta de produtos de proximidade en Ares

A presentación de propostas está activa para toda persoa que desexe desenvolver algunha actividade nun dos postos licitados, mais non poderá coincidir con ningunhas das que xa existen na actualidade: freiduría/bar, peixaría, venda de produtos gourmet e tenda de ultramarinos. As propostas deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello en horario de luns […]

Ampliación do prazo para inscribirse no Programa Integrado de Emprego de Galicia (PIE)

A última edición do PIE, dirixido a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos concellos de Ares, Mugardos, Fene, Cabanas, Cedeira, Narón, Neda e Valdoviño vén de ampliar o seu prazo de inscricións ata este venres, 13 de xaneiro, a través da Mancomunidade. O Programa Integrado de Emprego de Galicia busca mellorar a inserción laboral […]

Ares recoñece o esforzo e logros de Hugo Martínez Cortizas

O salón de plenos do consistorio acolleu durante o sábado, 7 de xaneiro, o acto institucional para homenaxear a Hugo Martínez Cortizas, subcampión galego de baile deportivo en 2022, presidido polo alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias Redondo. Rodeado de compañeiros/as de baile, amizades e familia, que lle trasladaron todo o seu apoio e cariño, […]

Os Reis Magos puxeron fin ó Nadal en Ares

A nosa localidade foi un dos lugares que visitaron Melchor, Gaspar e Baltasar para coñecer os desexos da mocidade! Durante a tarde do xoves pasado, os Reis Magos saudaron e achegáronse a quen estivese agardando pola súa chegada nas parroquias e tamén no núcleo urbano de Ares, onde fixeron a súa recepción oficial, tronos e […]

353 operativos despregados polo corpo de Protección Civil de Ares durante o 2022

Xuño, agosto e setembro foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte o seu balance anual de actuacións feito público hoxe mesmo. Protección Civil de Ares vén de presentar o seu informe anual de operativos esta mesma mañá, un documento que ver de maneira sintética o conxunto de servizos […]

O xoves, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán xa por todo Ares!

Chegados dende Oriente, arrancarán a súa cabalgata en Redes preto das 16:30 horas e tamén percorrerán os núcleos das parroquias ata recepcionar a pequenos e máis maiores na Alianza Aresana (18:45 h. aproximadamente). Porén, se a climatoloxía non o permite, acortarase o percorrido da cabalgata, facendo só a visita ás parroquias e logo dirixíndose directamente […]